14 marzo, 2008

Dirán algúns – entre os que me inclúo- que Pontevedra é unha cidade aburrida, que non ofrece demasiadas alternativas para o ocio, e moitos menos para a cultura gratuitamente ou a prezos razonables. Sin embargo, como en todo, cómpre estar informado para atopar en tódolos escenarios da xeografía un amplo mapa de ofertas lúdicas e culturais nas que sumerxernos en lugar de ver pasar as horas diante da pantalla do televisor. Si un mantén a mente inquieta, e se preocupa un pouco de ter espabilados os sentidos mentres camiña pola rúa, lé o xornal ou mesmo se achega de cando en vez aos auditorios máis importantes da cidade, descubrirá que Pontevedra non é unha cidade morta, nin durmida, e que existen moitas actividades moi interesantes coas que encher o noso tempo de lecer, sin deixar temblando os nosos petos.
Sen ir máis lonxe, onte acudín no centro social Caixa Nova a unha conferencia impartida por Cristina Almeida, que levaba por título “a igualdade non só se consigue con dereitos”. Pasar casi dúas horas escoitando a esta defensora da igualdade entre homes e mulleres, a esta feminista convencida e muller comprometida cos dereitos fundamentais das mulleres, é un pracer que pode compararse con poucas cousas, pero que dende logo achega a unha máis á felicidade. Cando escoito o discurso de mulleres activas na loita por conseguir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres, síntome máis integrada neste mundo, e non como o bicho raro que ás veces nalgúns círculos nos que me movo me fan sentir. Penso tamén na soedade, quero dicir sin ter dependencia dun home ou dunha relación afectiva, como unha opción perfectamente válida para vivir a miña vida e lograr –por qué non- a felicidade, e chego ao convencemento de que a mellor maneira de mudar as cousas é revolverse contra elas, actúar acorde co propio sentir, rexeitando as prácticas sociais discriminatorias que non nos permiten ser totalmente libres.



Que Pontevedra é unha cidade viva , tamén o descubrín en moitas ocasións, nas que me deixo levar un pouco polos meus instintos, nunha noite de mércores calquera, e sin preocuparme do reloxo, nin de que a mañá seguinte hai que madrugar, me deixo caer pola Cabaña, un pub de ambiente poderíase dicir que selecto, no que hai garantizada, tódolos mércores , música en directo. Ou rebusco nas noites de xoves, máis preto xa da fin de semana, entre tódolos currunchos, e sempre atopas un concerto interesente. No Star soe estar unha vez ao mes o meu cantautor – do que tanto vos falo- favorito , Gustavo Almeida, pero hai outros que tocan en distintos puntos da cidade, como os concertos de rock na Sala Karma, ou os ciclos de jazz no Night & Day.
Para non morrer de tristura en Pontevedra hai que aparcar a pereza, e agudizar os sentidos, porque non sempre é doado dar con tódalas posibilidades de ocio que a cidade nos brinda cada día.
Existe unha ampla oferta teatral, de música clásica, danza…,claro que a prezos non moi económicos, e ás veces incluso resulta dificultoso conseguir entrada si un non o fai con bastante antelación. Para os que vivimos o día a día, sin facer demasiados plans, o mellor e follear cada día o Diario de Pontevedra, si, ese panfletiño que eu moitas veces chamo folla parroquial ,e ir dereitiños ao apartado de actos do día na sección de Pontevedra cidade. Alí entérase un das conferencias – como a de Almeida que vos comentaba- , das exposicións que chegan novas á cidade , de posibles ciclos de teatro aficionado que fan mostras gratis no Teatro Principal, e mesmo de suculentos ciclos de cine que habitualmente se suceden os martes no Café Moderno, ou noutras salas da cidade.
A facultade de Belas Artes é tamén un lugar que debemos frecuentar de cando en vez, mirando, ainda que non sexa polo miúdo, os seus taboleiros de anuncios, nos que podemos atopar todo tipo de informacións de interese sobre asactividades culturais e de lecer que se desenvolven na cidade : cursos de guitarra, de pandeireta, de danza do ventre, obradoiros de contos, de xadrez…
Logo está a Biblioteca Pública, donde a parte de infinidade de libros aos que se pode acceder con só ter o carné ( faise gratuitamente e non hai que pagar ningunha cuota) tamén conta cunha videoteca do máis interesante, e con gran cantidade de Cd de músicas de tódolos estilos. No mesmo día podes levar á casa cinco libros, dúas películas e dous cd musicais.
Se vos pasades á primeiros de mes pola oficina de Turismo, ou polo Concello, podedes conseguir o “ponteocio”, que é un librillo que edita mensualmente o Concello , no que se inclúe información sobre todo o programa cultural e de espectáculos que se vai ofrecer na cidade de Pontevedra, así como en Marin e nalgúns concellos cercanos.


Dito todo isto, ainda que eu nunca fun unha gran defensora da cidade de Pontevedra, e máis ben me parece unha cidade excesivamente tranquila na que as semanas pasan cunha lentitude extraordinaria, agora teño que recoñecer que a estou redescubrindo, e que non me queda tempo para o aburrimento, máis ben ao contrario, durmo pouco, e normalmente vou ao traballo con olleiras.
Por suposto que as fins de semana tamen teñen agora para min o seu encanto. E é que todo está en saber rodearse das persoas adecuadas, das amistades adecuadas, e frecuentar aqueles locais nos que cada un se sinta máis identificado tanto coa clientela habitual como coa música.
Si pensades que en Pontevedra só hai pubs ao uso nos que soa David Bisbal e moito reageton, estades moi equivocados. En Pontevedra atopamos á hora de ir de marcha , tódolos ambientes posibles. Os meus favoritos : a Pega Moura, o Lola, o Fly, o Callejón do Liceo, o Lego e a Sala Karma. Pero de todo esto, e de máis cousas relacionadas, falareivos noutro momento.


No hay comentarios: