Din que a quen madruga deus lle axuda, pero eu, que son atea e polo tanto non creo en deus, pois apuro cada día eses últimos minutos da madrugada, remoloneando na calor amorosa da miña cama, sin darme moita presa en comezar un novo día. Pero hai días distintos, nos que te levantas cun humor extraño, e decides facer do refraneiro popular a túa lei, e ainda que chova miúdo a piques de comezar abril, e faga un frio do demo, pois ao mal tempo boa cara. E fas que Leonard Cohen encha o teu cuarto, e saes á rúa vinte minutos antes que tódalas mañáns, e daste conta de que quizais deus non axuda aos que madrugan, pero dende logo si que evitas, no paseillo diario cara á oficina, a recua de nenos que van para os colexios, e iso, xa é algo. E chegas con tempo para tomarte un café antes de entrar, e ler o xornal, e falar co camareiro, e enviar un sms a un amigo para transmitirlle o teu bó humor...E chega un desperto ao posto do traballo, en plena primavera, sin que nos afecte a choiva, nin o frío, nin as responsabilidades, nin que ti non me queiras. Hoxe é un bó día, a pesar de tantas cousas, e ninguén pode hoxe, ainda que o intente, levarme a contraria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario