O medo paralízanos, fainos débiles e vulnerables. O medo non conduce a nada. Frente aos nosos medos tan só pode un encaralos de directamente, sin rodeos, con tódalas forzas, sin rendirse nunca antes das derrotas. Hai momentos difíciles que nos afunden nunha especie de nerviosismo esquizofrénico que non nos deixa pensar. Pero neses momentos, é preciso serenarse, e utilizar máis ca nunca a cabeza e tódolos sentidos.
As situacións límites poden servir para facernos medrar e saír fortalecidos, en lugar de levarnos ao fracaso. O fracaso é a fin de todo, pero antes aínda nos queda moito que loitar, e moitas posibilidades de mudar a nosa sorte, de mudar a nosa perspectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario