Estou instalada totalmente na rutina pontevedresa. Chove miúdo e a choiva cálame os osos. Boto a vista atrás, a uns días atrás, tan só, e encólleseme a alma toda cando me sumerxo na memoria de Burdeos. Ay, os franceses¡ Qué guapos son os franceses. E as francesas, tan elegantes, co seu bolsiño colgado do brazo, zapatos de tacón , pedaleando nas súas bicicletas, que mesmo parece que voan cando se deplazan polo centro limpo das cidades. Os franceses teñen un estilo inconfundible, sempre impecablemente peinados, como si acabasen de saír dunha gala de OT , xa dende a primeira hora da mañá. E é que vendo tanta beleza mesmo morreu en min o pouco amor que sentía –ou que desexaba sentir- por un homiño pontevedrés. A vida volta lentamente ao seu cauce, pero custa deixarse convencer de novo por esta paisaxe tan galega que tiñe de gris a estrenada primavera. Na pureza do ambiente das plazas de Francia, na bohemia dos seus bares, na elegancia innata dos que moran alí, atopei un aire novo , ben distinto da realidade que aparece ao outro lado da fiestra da oficina. Teño na pantalla do ordenador os emails necesarios para non morrer de tristura baixo a choiva galega. Teño as fotografías gravadas na pel dos escenarios polos que paseei coa sonoridade de fondo dun idioma distinto, dunha música distinta. E agora, neste xoves que nos asoma un pouco máis ao mes de abril, agradezo os rostros cotiás, dos que me queren, para salvarme un pouco da morriña que deixan as viaxes. En abril todo será distinto, dentro e fóra das miñas pupilas cansadas do tempo. Mon amour, canto te extraño¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario