Chegou o sol aos días de marzo, e o meu corazón recíbeo como un alento vivificador, como unha sorte de esperanza nova para unha posible felicidade. Os venres teñen un plus de optimismo na paisaxe infinita de días e rutinas inalterables. Os venres con sol, cando asoma a primavera tímidamente e saúdan esplendorosas as mimosas, son casi un regalo para os corazóns inquietos que gardan nalgún curruncho escondido un pedaciño de aflixión e mágoa.
Xa se sinte preto o son dos pasos das procesións, que este ano eu non verei, e a Semana Santa será entón tan só, para min, unha data de vacacións sinalada no calendario, como sucede tantas veces. Pero que sorte os que acudan a contemplar os pasos, sobre todo os que percorren as rúas polas noites, nas cidades e pobos pequenos e empedrados. Atopo un morbo especial nesas procesións , algo tétrico e ao mesmo tempo misterioso, coma si estivesemos ante a posta en escena dun espectáculo macabro inventado para facer tremer os nosos sentidos.
Os que non vamos disfrutar da festa relixiosa , os que non profesamos ningunha fé, nin comulgamos con relixión algunha, podemos disfrutar deste sol coma si fose un agasallo. E subirnos a un tren calquera que nos alonxe un pouco da nosa vida, das nosas preocupacións, dos nosos erros cotiás. Un tren que nos leve a novas aventuras, moi lonxe , todo o lonxe que unha maleta e a nosa imaxinación sexan capaces.
Porque o sol tamén é impulsor do corpo e do espíritu, alento fresco que consigue remover as nosas inquietudes e facernos buscar activamente un pouco de felicidade. Toca sacudirse as telarañas, vestir roupa curta, escotada, florida e co soriso renovado por esta luz de venres, saír a conquistar o mundo con paso firme e decidido.
Bó fin de semana a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario