28 octubre, 2008

Mensaxe nunha botella


Poderiamos pensar que as novas tecnoloxías, internet, telefonos móbiles...acaparan por completo a comunicación nos tempos nos que vivimos. Pero ainda hai espacio, e tempo, para redescubrir a maxia, a maxia dos contos e a maxia das palabras. E ainda chegan mensaxes en botellas, desteñidos, procurando resposta, agasallando sorte e esperanza.

Estamos inmersos nunha crise global, nun mundo global, no que a comunicación se transfire a través do teclado dun móbil, dun ordenador. Mensaxes curtas que conteñen co menor número de caracteres posibles toda a información que cabe nos meus ollos. E sin embargo, alégrame saber que alguén atopou en Ortigueira unha mensaxe nunha botella, procedente dun barco, na que figuraba a ruta do barco e se pedía resposta por email. A navegante autora da nota, Mary Joyce, ten nome de novela de aventuras, evoca soños infantís, tesouros escondidos, amores de navegantes.



Así debería ser sempre, achegarse á beira do mar, e atopar un agarimo feito verbas encerrado nunha botella. Un "quérote" ou un " boa sorte" tirado ao mar, para que o azar o faga chegar aos corazóns que máis o precisen. Porque a felicidade tamén ten que ver coa doce caricia das palabras que nos chegan sin avisar, sin ser agardadas , dende calquera lugar do planeta, dende calquera descoñecido.

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Hola nena! A mi también me ha emocionado saber que aún existen mensajes en botellas. Gracias por frases como: "atopar una agarimo feito verbas"; "a felicidade ten que ver coa doce caricia das palabras..." Mi perfecta escritora de sueños románticos imposibles.