Andiven onte na lectura dun libro no que se falaba de convencer, si, de convencer aos outros dos nosos plantexamentos. Hai dúas maneiras de convencer , con argumentos e dende as posicións. Quedei un anaco pensando nesto, e dinme conta de que a maioría das veces acudimos a posicións para convencer aos outros das nosas ideas. Poñemos ao outro no noso lugar para levalo a onde queremos, para convencelo. Así é fácil que cheguen a comprender os nosos motivos e mesmo a compartir as nosas conviccións. ¿Qué facer si vemos a unha pandilla de neonazis golpeando brutalmente a un mendigo na rúa? Os argumentos non deixan lugar a dúbida : intervir, meterse no medio, chamar á policía...En todo caso, actuar. Pero si pretendemos dar unha resposta dende a nosa posición, quizais a lóxica dos argumentos quede relegada, e así, alguén podería facilmente pasar de largo e ter unha explicación convincente e mesmo respetada por todos. Paso de largo porque teño tres nenos pequenos que de sucederme algo grave quedarían sós , sin protección e cuidado de ninguén, por exemplo. Convencer con posicións é sinxelo, todo o mundo establece a súa lista de prioridades e xustifica as súas ideas e valores en base a esa lista. Non defrauda a ninguén, é coherente. Convencer con argumentos , o que debería ser nun mundo que funcionase como é debido, é unha aposta xenerosa. Os argumentos non entenden de circunstancias, son obxectivos, teñen peso propio , veñan de quen veñan. Pero esixen un compromiso xeral que rara vez estamos dispostos a asumir, e tamén unha responsabilidade maior. Dende a nosa posición podemos convecer a calquera do que sexa, porque apelamos tan só ao noso propio egoismo. Dende os argumentos probablemente non convenzamos a ninguén, porque a natureza humana dificilmente acepta ver as cousas dende un punto de mira obxectivo, e rara vez censura os comportamentos que responden as prioridades individuais que cada un vai confeccionando na súa vida. Eso é o egoismo da raza humana, e o que ao fin acaba por condicionar todo o noso mundo. Actuamos en base a posición que ocupanos, e dende as posicións pode xustificarse todo de maneira incuetionable. Convencer con argumentos, algo tan lóxico, tan básico, convirtese no noso tempo en algo completamente inoperante, algo de ilusos, idealistas ou tolos. Si alguén afirmase que no suposto que plantexei a única saída posible sería a acción, sin ningún tipo de pero ou condición, independientemente do lugar no que se atope cada un, teña fillos, avós paraliticos aos que cuidar, estar parado ou acabar de saír do hospital, sería tachado de non estar na realidade, de non ter os pés na terra. A ese lugar de tolos relegamos os argumentos. E así nos vai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario