O San Froilán nunca decepciona. Dende fai anos son para min as festas que marcan o fin dunha etapa e o comezo doutra, co San Froilán comeza o outono en toda regra, e toca poñerse a outras cousas, esquecer a praia e o verán definitivamente. Pode un pasar dez anos sin pisar Lugo nestas datas, que cando volta atopase de novo co mesmo ambiente, nada cambia nas festas do San Froilán, como si fosen capaces de manter a súa esencia a pesar do paso do tempo. Por iso voltar a Lugo no Domingo das Mozas é casi como regresar á infancia, e atoparse de novo co bullicio da xente, cos "manteros" vendendo bolsos e cedés por tódalas esquinas, coas atraccións xigantes que tanto me abraiaban de cativa e que ainda agora me siguen chamando a atención, coas tómbolas clásicas de tiro, e o bingo, e a dos xamóns... Todo segue igual. E onde sempre , as casetas do polbo, cos incondicionais, e as citas ineludibles. Así atopabamos onte por alí a Touriño e todos os do PSOE da provincia, na caseta de Manolo de Marce, coas persianas ben pechadas eso si, para que non se recreasen os miróns co espectáculo.
***
Así é o San Froilán, multitudinario e colorido. Mamadú vendía bolsos cum amplo soriso, ao tempo que lle contaba a quen quixese escoitalo que chegou en patera do Senegal fai dous anos porque alí morría de fame, que vende bolsos porque de algo hai que vivir e que lles gana a cad un 5 euros. Tamén nos contou que lle temía á policía, pero que calquera cousa era mellor que voltar ao seu país. Eu non lle merquei un bolso, pero díxome que o feito de que escoitara a súa historia era suficiente para agasallarme co bolso que eu quixera. Non aceptei o agasallo, pero si que agradecín a súa historia, e tamén o seu soriso.
***
No hay comentarios:
Publicar un comentario