07 octubre, 2008

"Pasamos a vida perdendo o tempo en cousas que non importan demasiado"Mergulleime na Voz de Galicia e atopeime nun artigo con estas verbas, cheas de melancolía, nun día de choiva, en outubro. Hai días nos que unha ten a sensación de non poder máis , de arrastrar os pes polas rúas molladas, no medio do frío que chega tímido, pero sin ánimo de remitir. Hai días nos que parece que nos teñen collidos polo pescozo, que non nos deixan respirar, nin vivir , nin siquiera morrer en paz. Hoxe chove na rúa, e un pouco dentro de min, para qué negalo. E entón, leo un artigo que empeora o meu estado de ánimo, si eso é posible nesta maña de martes gris e triste. Desgraciadamente sempre, sempre é posible ir a peor. Pasamos a vida perdendo o tempo en cousas que non importan demasiado. Quizais sexa certo, e entón a miña tristura de martes vólvese espesa, e todo ten unha amargura coa que non podo, si,non, con esto tampouco podo.
***************************************************************************
Hoxe non, teño medo de falar, e mesmo teño medo de quedarme calada. Teño medo das bágoas que non verten os meus ollos, da soedade que traen estes días de outono. E no medio do vento , da auga, das palabras tristes de Caneiro, non atopo chispas de ledicia coas que ir tirando. Hai días así...

No hay comentarios: