31 octubre, 2008

Declaracións dunha raíña

" A raíña non reina nin goberna, falou de muller a muller", lin hoxe nun xornal á raíz do lio que se montou coas declaración da raiña Sofía nun libro publicado por Pilar Urbano. Esta é a defensa que fai Pilar Urbano da súa publicación, afirmando que as declaracións vertidas pola raiña son tal e como as expón no libro, fieis á verdade.
Sin embargo a raíña molestou cos seus comentarios a varios colectivos, sendo raíña, de España, porque eso é o que non podemos esquecer, que ela ante todo representa á Coroa, e é a raíña de todos. Eso é o problema da nosa monarquía parlamentaria, que está atopando un choque entre o que está contemplado na Constitución, o papel que lles corresponde asumir dende a promulgación da Carta Magna, e os novos tempos de modernidade nos que vivimos e aos que queren sumarse con total normalidade, como outros cidadáns máis que moran neste país. Así pouco a pouco van adaptando o seu ritmo ao do comun dos mortais, traballan no que lles peta, casan con plebeyas divorciadas, divorcianse, e falan para xornalistas de tú a tú. Pero ao mesmo tempo gozan dos privilexios que lles concede o seu estatus. Vamos que son reis para o que lles convén, con tódolos honores, e seres normais para o que lles ven en gana. E partindo desta contradicción, non creo que a raíña poda dicir que era unha conversa no ámbito privado, porque a raíña non pode ter ámbito privado. Ou son reis para todo, ou que se apeen do barco e que vivan do seu traballo como calquera de nós e non a cargo dos Orzamentos do Estado.
Por suposto que das miñas verbas se extrae certo republicanismo, non o nego. Pero si teño que achantar coa monarquía, pois vale, pero que non nos tomen o pelo. Sofía non pode dicir que non ve ben que os gays se sintan orgullosos de selo, que se suban en carrozas a celebrar o seu orgullo e que chamen á súa unión matrimonio ,de maneira privada, de tú a tú. Sofía di o que di, só como raíña, como representante da Coroa, e como tal teñen que ser tidas en conta as súas declaracións. E penso eu, que a Coroa non se pode permitir certas declaracións que van contra os dereitos fundamentais e contra as leis que foron aprobadas polo pobo. A raíña opina, as leis non crean conciencia, efectivamente, pero a raíña, precisamente por ser raíña, perde o dereito a opinar como cidadá de a pé. Ninguén a obriga a ser raíña. Eu estaría encantada de escoitar as súas opinións si fose unha simple mestra de música, pero como raíña creo que debe mostrar máis respeto.

No hay comentarios: