Luns, outubro, outono.Proximidade da choiva, outra vez. Vento. O mundo é amplo, como os sorisos dos felices, dos que aman, dos que se deixan querer , tan doces. Hai olores que o enchen todo, como si fose maxia e de pronto non importan as cousas importantes, porque hai alguén rebuscando na túa neveira. Os petas a medias teñen o seu aquel, colocan o xusto para que todo o demais pareza insustancial, e o mundo, insisto, faise amplo, imposible de abarcar, con ese cheiro a vida e a esperanza que se confunde moitas veces co amor. Mentira. Eu seino, ti tamén. Aprendemos rápido, os simples mortais.
pero podo quedarme co cheiro prendido na solapa, tan só hoxe, para non botar de menos o verán , nin o futuro.
****
¿ e entón? en qué palabras creo. Nas túas, nesas que pronunciaches medio durmido, cando eu marchaba e te deixaba no medio do silencio e da noite. Si, eran as nove, pero é de noite cando as persianas permanecen baixadas. As túas palabras, nun susurro, un murmullo de voz adormecida, cos ollos pechados , sin deixar que vexa eu o seu azul. Bromeabas, tan só. Pero a min gustoume tanto...
****
¿e entón? as árbores temblan fóra, e a xente xa se viste con cazadoras de inverno. Non estou preparada, ti tampouco. Nunca o estás, ti menos ca ninguén. Ti, que naciches para o sol, que sempre levas a cara queimada. Debes levantarte, é tarde. Si, si, direicho cun susurro, quente, suave, agarimoso...
¿e entón? Eu tamén podo devolverche o sol en outono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario