Os nostalxicos da calor resisten nas praias, este era o titular de hoxe na contraportada do Diario de Pontevedra. En fin, arrancoume un soriso, porque eso foi o que eu fixen durante a tarde de hoxe, resistir, morta de morriña, con biquini , baixo un sol de outubro que se parecía moito a un sol de setembro. Sentín saudade de todo, ou de case todo, pero sobre todo saudade dos amores de verán, do olor á crema bronceadora, dos chiringuitos cheos de xente e de bullicio. As praias baleiras teñen algo de tristura a pesar da calor. O mar calmo de outubro non nos acolle con máis frialdade, pero todos nós , psicolóxicamente non o percibimos da mesma maneira.
Na praia baleira deberíase de pode pensar ben ,con claridade. Tamén é certo que tiña unha resaca de tres pares, e dor de cabeza. Asomou de novo Julito no meu horizonte (xa se está a convertir nun clásico no meu espacio reservado ao sentimentalismo) e tamén o recordo doce da noite de onte. Deus, bebín, canto bebín. E tamén bebeu dabondo o home máis guapo do mundo, como era, como me dixo...Adonis, si , tan borracho¡¡¡¡ E tan guapo coma sempre (eu sigo pelota, tes razón) e tan cariñoso como eu sempre o desexaría. Lástima que os espellismos da noite desaparecen pronto, que a noite leva consigo todos os soños que puideron ser, pero que non chegaron a consumarse. Lástima, si, de que tan só foi un anaco de tempo,él ,coa mesma precisión coa que agora sinto o teclado nas mans, deixábase sentir moi cerca. A súa boca, máis nada. A súa boca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario