21 octubre, 2008

Los frutos del olmo

Durante anos estiven acudindo a consulta dunha psicóloga en Lugo que a verdade fixo o humanamente posible para convertirme nunha persoa casi normal. Lembro que nese tempo me axudaba moito a entender o meu mundo particular falar con ela, que sempre me daba puntos de vista diferentes das cousas e me sacaba así do meu encasillamento. Un día utilizou unha frase aparentemente sinxela, un tópico, un dito popular sacado do refraneiro que me fixo reflexionar dabondo. " No le pidas peras al olmo". Así de fácil, ela era así, simple e diáfana, sin florituras. E eu entendín a mensaxe perfectamente. Estabamos a falar dun dos meus amores, un home ao que eu quería pero que el non me correspondía como eu desexaría, e de ahí a miña rabia e a miña frustración. O sufrimento. E ela contundente soltou o refrán, e abriu ante min un abanico de ideas e de posibilidades. "Porque el olmo nunca dió peras",continuou. Dende aquela agarreime sempre a ese dito como a un salvavidas, cando as cousas van mal, cando non son como eu quero e sin embargo cando non depende de min que sexan doutro xeito.
Hoxe volto a pensar neses amores, nos mesmos , e volto a esa frase " No le pidas peras al olmo", e sei que é certa, que non da peras, e pedirlle peras e como dar tiros ao sol, inútil e desestabilizador. Da sin embargo uns ramilletes de flores de cor púrpura e amarillento, que se agrupan en ramilletes, e o seu froito (sámara) madura e disemínase antes de que broten as follas. Eso é , sámara. O que lle podemos pedir a citada árbore.

No hay comentarios: