02 octubre, 2008

Cun par

Creo que son a única neste país que non especulou coas posibles operacións de estética de Letizia. Eu aceptei dende o principio a versión oficial, unha única operación, do nariz e por motivos de saúde. E é que a min a monarquía, plin. Non teño un carácter excesivamente antimonárquico, contrariamente ao que poderían pensar os que me coñecen ben. En parte é así por pura vagancia, por evitar o gasto de enerxía que suporía estar tamén contra a familia real, co que eso debe desgastar. Porque si se pon unha a criticar , a facer leña, pois...vamos que os nosos monarcas dan para moito. Pero eu non, paso, limito a miña furia a vertela contra os políticos , e por qué non, contra os veciños que moran ao outro lado das miñas paredes. Pois iso, a mi plin, coas súas regatas, as súas tetas novas, as súas viaxes de Estado ou do que sexa, os seus modelitos, os seus divorcios, os seus tacóns de 12 cm, as súas escapadas , o seu xen raro, as súas adicións, a súa maneira de parir e parir e parir, e tal e tal. Pero o que me toca os "piiiii", é iso dos Orzamentos Xerais, a subida que supón para a casa real. En plena crise económica, con todos ata o pescozo, e o paro polas nubes, pois van e a estes súbenlles o soldo.E entón deixo eu de estar allea ao ir e vir destas entrañables personaxes que tan sorintemente nos representan polo mundo. E hínchaseme a vena pensando en que hai xente que pasa horas nas colas do INEM , enrroscado nunha chaqueta de lá de hai tres ou catro temporadas, cabilando mentres espera a que lle poñan o selo cómo chegar a fin de mes, mentres cos cartos públicos estamos contribuíndo entre todos ao novo nariz da princesita, ao novo par de tetas. Hai que joderse¡¡¡¡

No hay comentarios: