27 octubre, 2008


A de cousas que pasaron nesta fin de semana. Primeiro, tivemos unha hora máis, ou algo así...e logo as novas que se foron sucedendo, sin tregua, sin pausa, sin presa...Derrubaron Carabanchel, e foi como querer tapar unha parte da nosa historia. Porque hai lugares que deben permanecer en pé, para ser testemuño vivinte do que alí pasou, do que alí se sufriu e das inxustizas que se cometeron. Carabanchel é un símbolo do noso pasado ,dos erros cometidos na nosa historia recente, e derrubar os símbolos e querer esconder o pasado. Agora , as xeracións futuras conocerán deste cárcere polos libros de historia, quizais por algunha que outra película, pero acabarán por esquecer que entre a liña 5 do Metro de Madrid e a Avenida de los Poblados miles de presos do franquismo pasaron as súas ultimas horas de vida, antes de ser executados polo dictador.


Outra nova relevante, Llamazares dimitiu como coordinador xeral de IU , despois de oito anos no cargo. No ano 2000 sustituiu a Julio Anguita ao frente do partido, pero tras os nefastos resultados obtidos nas pasadas eleccións xerais, que Llamazares atribuiu a un sistema electoral inxusto ,decidiu abandonar, e deixar vía libre para a elección dun novo dirixente, na asamblea federal de novembro. Vin a súa dimisión por televisión, e dígoo con total sinceridade, sentín mágoa , non sei, por el e tamén pola esquerda deste país, que sin dúbida perdeu a un loitador con auténticas conviccións politicas de esquerda. Quizais iso é o que lle sucede a IU, que son de esquerdas de máis neste mundo no que vivimos, no que o capitalismo e os mercados mandan, no que Europa marca os ritmos, no que vivimos a expensas do que sucede ao outro lado do charco, no que o global determina o noso día a día. Os argumentos de IU son esperanzadores, pero ao mesmo tempo son inxenuos e vólvense aire na nosa realidade. Confío de todos modos na reconstrucción de IU, na súa escalada dentro da nosa sociedade e no seu fortalecemento futuro.



No hay comentarios: