Hoxe teño unha tarde tonta, desas que a veces suceden na vida dos mortais, e deume pois...por blogear un pouco. A búsqueda na rede non sempre é fructífera, pero hai tardes tontas nas que atopas xente coñecida por este mundo do ciberespacio, xente que che rozou nalgún momento da túa vida, coa que compartiches vivencias , noites, borracheiras , congresos, disputas...Xente, ao fin e ao cabo, que estivo ahí, no teu círculo, para ben ou para mal, quen sabe. O caso é que o tempo , a distancia, que sei eu, cousas que pasaron, foron alonxándote para sempre deles, e agora, hoxe, nunha tarde tonta de outono, pois os atopo a todos na rede...neste espacio onde de pronto cabemos todos, coa mesma ideoloxía, pero distintas maneiras de manifestarnos, de procurar a revolución coa que xuntos, fai moitos anos, soñabamos. Afortunadamente conservo daqueles anos amigos de verdade, que si se quedaron para sempre no meu micromundo, no meu horizonte, no meu corazón, por qué non dicilo si é verdade. Pero a homenaxe de hoxe é para os que xa non están ao meu alcance, que si chegaron a algo, é certo, pero que seguro pagaron xa un prezo alto polo éxito. Non sei, eu non son quen de xulgar a ninguén. En todo caso, gustoume atopar os seus blogs, e ir dun blog a outro , e ver que se siguen xuntando como entón, tan amigos coma sempre, os do outro bando. Tamén nós ( os que éramos os malos) permanecemos xuntos, mais amigos que antes, e iso , creo que é o importante.
1 comentario:
Hola darling! Cómo estás? mañana viajo de vuelta a España. Tengo muchas ganas de veros aunque aquí me lo he pasado muy bien, y me han tratado genial.
Mañana la despedida será dura...,siempre lo son.
Un besito
Publicar un comentario