Que dificil ser un mesmo cando o aburrimento é a única sensación plenamente identificable.
Os meus veciños non paran de follar, todo o día, toda a noite, tódolos segundos. Cada vez que me sento no váter, a mesma música de fondo, ela , porque él parece que non está , que só cumple a súa función en silencio, como si o seu placer tivese que quedar escondido baixo os alaridos dela. Son inagotables. A min agótanme de escoitalos, joder.
***
Metín a cabeza baixo das mantas, enrosqueime en posición fetal e tentei levar a mente a pensamentos da infancia, pero coma sempre ocurre en situacións de crise, pois non funcionou. Pensei en sexo, si, en foder eu tamén ata caer morta de desexo, de extasis, eu que sei...Merda, non hai quen durma, non hai quen pense na infancia, na herba verde dos camiños, nas follas que caen das árbores a comezos de outono...,no aroma da terra bañada polas primeiras choivas...Foder, merda. Volta ao váter, volta as lecturas de WC, esas que non din nada, como moito dinche que tes que mercar cremas, de todo tipo, e abrigos, e bufandas, e zapatos de punta redonda e o morado é a cor de moda...Joder tamén para a Cosmopolitan, nin no vater se pode pensar en nada. Siguen. Ela sigue. El, non sei. El quizais esté xa morto ,e ela sigue a foder consigo mesma,quen sabe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario