03 noviembre, 2008


Este luns ten un olor de inverno, as cores do inverno, as ilusións tímidas do inverno nas mans. Chegou novembro, pola porta grande, con frío sin tregua. Parece mentira que fai tan só quince días andaba eu pola Lanzada en biquini , e agora que lonxano me queda o sol e as cremas bronceadoras...O máis relevante nestas datas pode lerse nos xornais, e hoxe a actualidade para min ten un nome , que ainda non está perfilado, que ainda non está sentado no trono do mundo, pero ao que xa lle queda pouco. Barack é a esperanza de moitos ,dentro e fora dos EEUU, e sin embargo teño un pequeno temor que non consigo disipar con nada: que a pesar de Obama todo siga igual. Pero a pesar do meu temor non podo ser indiferente ao que acontece ao outro lado do Atlántico, e menos hoxe, que EEUU decide. O bacalao está todo cortado, probablemente, e moi poucos son os que votarán tendo na memoria as palabras vertidas polos candidatos como eslóganes publicitarios por micrófonos abertos nas últimas horas. Obama dirixiuse aos hispanos en castelán prometendo futuro como quen promete amor eterno cando da o seu primeiro bico de amor adolescente, e McCain, deixouse eclipsar por esa muller que fai do antiabortismo a súa bandeira e que pretende aglutinar nese xesto todo o feminismo estadounidense. O panorama é o que é, non da para tirar cohetes, pero eu teño a esperanza de que Barack sexa mellor do que soñamos, que non decepcione demasiado no caso de gañar os comicios.


En fin , resaca da fórmula 1, con final de infarto e pouco máis na fin de semana que pasou.

Chamábase Piti, nome ou apodo , non sei, e tiña un aire de guaperas dos que quitan o hipo. Sin embargo tras minutos de conversa dase unha conta de que ás veces a beleza non vai necesariamente unida a un intelecto aproveitable. Serve en todo caso para cumplir no mundo o seu papel , o papel destinado a este tipo de guapos que saben que o son , o de home comodín, que sempre da xogo, que está sempre dispoñible. No fondo os guaperas non moi listos teñen esa virtude, a de crerse indispensables e pensar que sin eles o mundo paralizaríase, e por iso acuden sin que os chames, e fanche compaña coa única pretensión de que ensalces o seu ego, que nunca ten límite.

Personaxes así resultan en calquera caso moi aburridos, vamos que a beleza que teñen queda neutralizada pola sobervia e a estupidez. Menos mal que ti e máis eu sabemos que hai outros guapos, que ainda que adolecen do mesmo mal, a vanidade, teñen a cabeza amueblada e servelles para algo máis que para levar chapeu. Lástima que estes nunca están dispoñibles.

3 comentarios:

vanesa dijo...

Sí,sabemos que hay guapos, vanidosos y poco inteligentes; pero también feos,vanidosos y poco inteligentes (que es peor).Por cierto no conozco a ningún vanidoso con la cabeza amueblada.
Ah! y todos los vanidosos son fáciles de disponer.

Raquel Gulías dijo...

Este qué estaría en el grupo de los muy guapos, o solo de los guapos? jejeje. Me ha gustado eso de "comodín", me recuerda a tus definiciones antiguas sobre quien yo pensaba que era alguien con la cabeza amueblada. Un besito!

Reina de Palandria dijo...

Lo de comodín, desgraciadamente no es mío...Se lo copié a un personaje que se está adentrando en nuestras vidas de manera sospechosa...Me gusta ese personaje porque a parte de ser listo, es constante y coherente. Lo propongo como novio de Vanesa, pero no se lo digas a ella.