20 agosto, 2008

Terremoto Bolt


Hai un home que nestes xogos olimpicos tenme fascinada, o home máis rápido do mundo , Usain Bolt. Ese home que correu os 100 metros sin ningún esforzo, que batiu o seu propio record, facendo un tempo de 9.69 segundos, e iso porque chegando á meta, nos últimos 20 metros deulle por mirar para os lados, e só lle faltou saudar ao público para celebrar o triunfo. Ese home que corre hoxe pola medalla de ouro os 200 metros, que non pretende batir records, pero si ganar medallas. E cachondo, e vai sobrado. Os seus contrincantes chegan á meta coa lingua de fora, pero Bolt chega como si acabase de dar un paseo. Coas súas pernas longas, e o seu 1.95 de estatura, aos 21 anos Bolt parece telo moi claro. Foi a Pekín a ganar ouros, pero non a facer ningun record mundial. E ten razón, porque para iso xa terá tempo fóra das Olimpiadas. De momento a él bástalle con ir ganando carreiras, mantendose ahí, sin esforzo, incluso frenando na recta final, si é preciso, para non facer un tempo demasiado bó, antes de tempo, valga a redundancia.


Nunha entrevista que lle fixeron antes dos Xogos de Pekín, xa o deixaba moi claro, el foi a gañar, sin máis. E de momento vai cumplindo coas espectativas. Ofreceronlle competir con EEUU, pero él preferiu competir coas cores da súa terra, Jamaica. E é que leva Jamaica nas entrañas, é festeiro, simpático e parece que todo isto da competición lle resbala, pero non. Porque á hora da verdade él sabe que é o máis rápido do mundo. E ten que demostralo. Será hoxe, de novo, as 16:20 horas , horario español, cando vexamos como Bolt volve seguramente a sorprendernos. ¿Saudará na liña de meta , ou mirará para os lados buscando aos compañeiros de carreira? Sexa como sexa, serán 20 segundos inolvidables.

No hay comentarios: