18 agosto, 2008

Ponte de Agosto






Rematou a ponte de agosto, por fin. E que se pode facer nunha ponte de tres días cando a climatoloxía adversa impide disfrutar das praias e o terraceo, pois ben sinxelo si nos damos conta de que nestas datas cada esquina de Galicia celebra as súas festas parroquiais. En Pontevedra remataron as Peregrinas, ás que eu despedín xa o xoves pola noite na compaña de bos amigos. Pero unha fin de semana tan longa da para moito, e coa resaca ás costas o venres pola noite estiven no pregón das festas de Soutelo de Montes. Subido nun palco de 600 euros, baixo unha carpa de 1000 ( as festas de Soutelo non teñen prezo) –según datos proporcionados pola comisión de festas- Pedro Alonso, o padre Casares da TVG, falou dos seus recordos de infancia na terra de Montes, con aire nostalxico e poñendo énfasis en como a infacia marca de maneira irremediable a clase de persoa que imos ser no futuro. Destacou a dureza desa terra, o difícil que era sair alí adiante, polo clima, e da fortaleza das suas xentes, traballadoras e orgullosas de levar polo mundo o sinal inconfundible de pertencer á terra de Soutelo de Montes. E tivo un recordo especial para o gaiteiro Avelino Cachafeiro e para o fotógrafo Virxilio Vieitez , ambos nados en Soutelo.





Tiven a sorte de estar en Soutelo con boas amigas, disfrutando dunha churrascada no seu punto, coa música de fondo dos músicos de alí, entre eles ao acordeón Jose Doval, e de coñecer ao propio Pedro Alonso, que non daba feito de tanto veciño que se achegaba a el para facerse unha foto con el , ou pedirlle un autógrafo ou mesmo intercambiar con el unhas verbas.
A presidenta da comisión, Susana Pérez, estaba pletórica, mochila ás costas - tal cual Pocholo- e síntomas claros de ledicia, non deixou de bailar nin un só instante, depois da churrasada, claro. Porque hai que ver como currou a comisión de festas de Soutelo, uns atendendo a carne nas brasas, e outros carretando as fontes de churrasco e distribuíndoas entre todos os que alí acudimos a pasar unha tarde inesquecible.





Pero non todo pode ser troula nocturna, porque en Portonovo o sábado pola noite había programa doble: musical Jesucristo superestar e Cabaret, e a actuación de Manolo Escobar. Desgraciadamente non puiden disfrutar nin dunha cousa nin doutra, pero lin no xornal que o musical poderá verse tamén en Marín o vindeiro día 20 de agosto, ás 22 horas na Alameda, e ahí terei outra oportunidade.
En Pontevedra a fin de festa tivo inauguración de estatua, homenaxe a Alexandre Bóveda, ao lado do Casino Mercatil, con moito rollito nacionalista e impecable discurso do alcalde Lores. Ofrenda floral a Bóveda e aplausos. Na plaza da Ferrería o último concerto das festas, Luar na Lubre, abría o camiño da fin de festa, que se despedían un ano máis entre fogos e luminarias.



Na TVE as olimpiadas continuaron toda a fin de semana facendo alarde de comentarios nacionalistas, como si cada triunfo dun español fose unha proeza inigualable, e eu , por casualidades inexplicables, e pese ás poucas horas diurnas que permanecín desperta, non me perdín ningún acontecemento olímpico salientable. Así vin a Nadal no partido que lle deu opción a medalla de ouro, vin ás tenistas españolas perder o ouro e celebrar a prata, vin aos yankis comerse a España en baloncesto, cun resultado casi desonhoroso para os nosos deportistas, e vin –tres veces- como o jamaicano Usain Bolt se convertía no home máis rápido do mundo, cun record mundial que se escribe en cifras, 9.69 segundos.


Por suposto entereime da presenza de Letizia en Pekín, e do seu incidente cun xornalista que lle devolveu a pregunta de para que medio de traballaba. Pobre Leti, ela que é princesa e polo mundo nin lles soa o seu careto.

E no medio de tanta marabunta, pois un dato estadístico, nove de cada dez cocainómanos son bisexuais. O dato procede da observación empírica levada a cabo por catro pares de ollos durante catro noites de troula, a partir das cinco da madrugada. Por suposto é contrastable e non asumo a posible falla de fiabilidade do dato.

Nos xornáis nada novo, tan só unha retahíla de titulares facendo referencia a miles de festas por toda a xeografía, un cuadro gráfico de todo o que nos perdimos: a festa da auga en Vilagarcía, festas en Combarro, en Caldas en Cambados…son tan só algúns exemplos que o Diario de Pontevedra desgranou en imaxes e anecdotas de todo tipo.






E con isto e un bizcoito…o que se soe dicir.






E para os que me len a miúdo, quero agradecervos que coa vosa presenza e o voso testemuño fotográfico facedes que este blog sexa posible.


Graciñas, amiguitas/os por estes diítas , e por facer que as horitas se pasen volandito.

6 comentarios:

vanesa dijo...

"Gracitas" a ti por la información que nos brindas día a día y ¡tan bien escrita!.
Gracias a Susana Perez y a Raquel Doval por el churrasquito tan rico que nos ofrecieron en la Plaza do Gaiteiro de Soutelo.
Gracias por la ruta nocturna hasta
Beariz.
Gracias a Bea por llevar la camarita.
Gracias al Padre Casares por el pregón, nosotras sabemos que te costó decidirte a hacerlo.
Gracias a nuestros olímpicos por ganar las medallitas.
Gracias a los feriantes que nos han alegrado las Peregrinas con sus
atracciones.
Gracias a Lores,a la Leti,a Manolo Escobar....

Reina de Palandria dijo...

Nadal ganó el oro, le diste "gracitas"? ay, si, que no lo viera. Bueno, y gracitas también a quien nosotras sabemos, por alegrarnos las nochecitas de marchita...Y a superman y al feo, también.

bor dijo...

Hola holita!!

Estoy un poco ocupadita pero ya lei algunas cositas.

Hasta la semanitaaaa!

susana dijo...

Hola chicas:
Gracias por haber venido a las grandes fiestas de Soutelo.
que la verdad estuvieron muy bien,yo aun tengo secuelas, apenas hablo.
Pero ya se acaba el verano y pronto volveremos a la rutina del invierno.
AHH yo tengo que bajar ya a civilizarme...
Besitos chicas
ANIMO SUPER REINONA.

bor dijo...

COMENTARIO-QUEJA:

Hablando de las secuelas de este puente... yo también tengo!! Tengo tos, mucha tos... mis clientes me miran raro... como se tuviese la enfermedad más contagiosa del mundo!!!

Reina, ayer fui a la Gerencia Territorial del Catastro en Pontevedra, crees que podemos poner una reclamación?? En mi vida vi a una tia tan borde!!! A mi clienta y a mi nos atendió gritando!! Creo que tenia algún problema psicológico, está acostumbrada a gritarles a los viejiños que van preguntando porqué sus "leiras" ya no tienen los mismos metros que cuando las heredaron y cosas de esas... Y claro... a mi si me gritan... pues yo no me corto un pelo y le paro los pies, en fin... un cristo!! Lo peor es que mañana tengo que volver con otro cliente, espero que para mañana se tome la tia un prozac.

Con todo esto queria decirte que a la salida y con un cabreo descomunal, me encontré con SUPERMAN!! Jejeje...

Gracitas a todas.

Reina de Palandria dijo...

Por favor, absténganse de comentarios personalísimos relacionados con mi profesión ,etc...Para eso ya está el correo electrónico, y ya puestos, esto no es un correo electrónico. Ala, ya os reñí a todos...

superman es como dios, está en todas parte, o qué?