Na guerra do Caúcaso, como case sempre sucede, hai un motivo de peso: os oleoductos. Georgia é un país de importancia vital dende o punto de vista geopolítico, pois miles de barriles de petróleo e gas extraénse diariamente dende o mar Caspio e deben trasladarse ao mar Negro, co fin de que podan levarse ao Mediterráneo e ao resto do mundo. EEUU controla únicamente os oleoductos que pasan por Georgia, xa que o resto pasan por Rusia. Si Osetia do Sur se integra en Rusia, os oleoductos georgianos deixarán de estar controlados por EEUU.
A incoherencia da UE: O recoñecemento da independecia de Kosovo e a non aceptación de que Osetia do Sur se una a Osetia do Norte baixo a Federación Rusa. A pretensión de Georgia , apoiada por EEUU, é a entrada na OTAN, que permitirá ao seu presidente , Mijail Saakashvili, cumplir a súa promesa dun Programa de Acción de Membresías , e desexa facelo antes de decembro, da próxima reunión da organización.
Pero Georgia non pode formar parte da OTAN porque, para ser membro desta organización é obrigado que os Estados non teñan problemas territoriais non solucionados.
Osetia do Sur quere unirse a Osetia do Norte e formar parte de Rusia. EEUU di que Georgia é un estado soberano e que hai que respetar a súa integridade territorial. A UE , que apoiou a segregación de Kosovo, nega agora o dereito de segregación de Osetia do Sur, e a súa anexión a Rusia.
No 2006, nun referendo celebrado en Osetia do Sur, cunha participación do 91%, o 99% votou pola independencia de Georgia,e a unión a Osetia do Norte e Rusia. Este referendo non foi recoñecido por Georgia nin pola comunidade internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario