Hoxe todos falaban do accidente de avión que tivo lugar onte no aeroporto de Barajas. Supoño que é algo inevitable dado o grandioso do desastre e o gran número de víctimas. Todos falaban do mesmo en todas partes, o sufrimento das familias, as posibles causas da desgracia...En todo caso, nada serve para reconstruír nada, para voltar atrás no tempo e borrar o acontecido. Así é o noso mundo, cruel e imprevisible, coa morte acechando en cada esquina, impasible, como un deus que todo o pode, e do que non podemos fuxir por máis que queiramos.
Pero eu hoxe, pese á choiva, pese a todo, négome ao pesimismo. Quizais porque estou tan baleira de todo que nada me conmove. Todo, nada. Son só verbas, sin demasiado contido, que soan grandilocuentes cando as escribo. Pero a realidade non se mide en termos absolutos. Hoxe, si me paro a pensar, foi un bó día. Retornou un compañeiro ao traballo despois das súas vacacións e descubrín que o botaba de menos, que son máis feliz con el ao meu lado que sin el; vin a Julito cruzar a rúa coa súa cazadora verde de cadriños, esa que tanto me gusta, e co seu flequillo algo máis longo que a última vez que o vin; comprei unha camisa en Zara de cor branca; recibín unha chamada inesperada e cruceime na rúa cunha antiga compañeira de piso á que facía mil anos que non vía.
Son egoísta. Egoísta cando o accidente, os mortos, todo o que aconteceu onte en Madrid, me resbala por completo. Pero non mais que o resto de días da miña vida, nos que me levanto coa radio e escoito as noticias que fan tremer o mundo casi sin inmutarme.
Egoísta cando escribo sobre min mesma, cando falo de persoas que só coñezo eu , cando conto a miña vida como si lle importase a alguén.
Egoísta. Quizais prefiro asumir esta verdade que non ser hipócrita con todo o mundo. Son unha cidadá deste tempo, que vai de progre pola vida pero que mira para outro lado cando a inxustiza non cae ao carón dos seus zapatos. As palabras sempre serven aos nosos intereses, e eu , hoxe prefiro xustificarme co egoismo, como si esa verba me eximise un pouco máis da vergoña que me provoca a miña actitude ante o mundo.
E onte as miñas preocupacións estaban noutro sitio, lonxe de calquera aeroporto. Logo chegou Gustavo, como cada mércores, para evadirme de min mesma, do meu corpo, de todo. Todo. Ao final, sempre acabo por poñerme estupenda, sin medida. Gustavo canta cada vez mellor, ou eu escoito cada vez dun xeito máis agarimoso. Todo é relavito. Todo -voltei a facelo- falar en propiedade absoluta da verdade absoluta. Pero quizais sexa certo eso de que todo é relativo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario