Gústame ir de bares, moito. E por suposto teño as miñas predileccións tamén na rama da hostelería. En Portonovo hai un bar que me conquistou neste verán grisáceo que non remata de definirse. O bar está en frente ao porto de Baltar, e está rexentado por dous mozos novos, Simón e Pablo, que con amabilidade e bo trato fan o seu traballo con alegría. Neste bar, A Batea, podes dende tomar unha caña con tapa ao mediodía, tomar un bó xantar , ou un café a media tarde.
O máis característico deste bar é que todos os que traballan nel son xente xove, dende os dueños ata os camareiros e a cociñeira. Despois do peche saen todos de marcha, a tomarse copas cos clientes e compartir conversa ata ben chegada a madrugada.
Pero con todo ainda lle queda tempo a Simón para sacar ao seu can a dar un paseo ,e mesmo montar en bicicleta.
Eu rebauticei o bar, como acostumbro a facer con casi todas as cousas que me chaman á atención, e este bar, que para min se convertiu no bar deste verán, é o "bar dos guapos", en referencia clara aos donos do local. Pero non só son guapos, xa digo, con eles a caña sabe a confianza, a complicidade, a bó rollito...
No hay comentarios:
Publicar un comentario