14 agosto, 2008

Personalísimo

Abúrrome e agonizo nunha resaca densa e pastosa. Hoxe é un bó día para ter resaca, despois de todo, é un xoves disfrazado de venres, víspera de festivo, no que non saiu o sol, nin falta que nos fai. Teño vermes na cabeza bulíndome como asesinos en serie, destrozando neuronas como si fosen tanques de guerra: Resaca definitivamente, non hai dúbida.
Unha hora de sono non deu para máis. Así que hoxe, aburrida e co alento último que me queda antes de rendirme con contundencia a unha siesta longa, que se prolongue ata a próxima copa, dinme unha volta pola blogsfera para entreterme un pouco. Encantame bucear no blog de Jabois, e dende alí , vou saltando de un blog a outro , de un post a outro, ata marearme, ata xa non ter máis ganas de ler, ata que me farto incluso de mirar fotografías.
Uf, que letargo, que longos os minutos, e que pouco me interesa neste intre casi todo. Sinto o cerebro apelmazado, pesado e confuso. Vago.Gustaríame reunir forzas suficientes para regalarme un poema, calquera, e de paso liberar un pouco a mente desta sensación da abandono definitivo. Ler calquera cousa sin reventar no intento. Xa non digo escribir algo que teña certo grado de sentido, o mínimo que se pide, tan só.
A realidade é o que é. Eu son unha "zombie" diante da pantalla dun ordenador, que riu moito onte pola noite, que se perdeu o partido de baloncesto de España - Alemania por un fallo de cálculo, que bebeu máis da conta, que se pasou tamén co chocolate, que non tivo a sorte de afogarse en bicos, que se atopou co home máis guapo do mundo como saído dun ataque por sorpresa de extraterrestres agresivos: olleiras, delgadez extrema, beleza -coma sempre- insuperable.
Escribo sin sentido, pero é relaxante facelo deste xeito, para non durmir sobre o teclado, nin sobre a vida. Hoxe rinme sobremaneira lendo un email, foi o gran momentazo da mañá. E que Vanesa cando se pon é moi grande.
Eu tamén teño o meu propio escaparate de piropos e o meu dispensador de eloxios, e dou xabón si me poño coma ninguén. ¿Qué non? pois tirádeme da lingua e veredes como reparto flores a quen se me poña por diante. Que falar ben sin ton nin son é un exercicio que non require moito entrenamento, nin talento recoñecido, nin gran esforzo. Basta comezar, e xa logo todo sae de carrerilla. Falar mal -e con certa credibilidade- require un punto de intelixencia e un toque de malicia do que non todo o mundo é poseedor. Falar ben non custa nada, falar mal , aparte das consecuencias, leva engadido o esforzo da crítica. Un luxo que moitos non se poden permitir. Por iso triunfan tanto en televisión eses comentaristas que teñen a lingua máis afiada que un coitelo, e que non dubidan en deixar títere sin cabeza. E por iso se forran.
Si, contrariamente ao que se pensa, falar mal é unha labor delicada, dificultosa, inxeniosa, e non carente de un aspecto casi artístico.
Bueno, fin. A resaca domíname. Morro no teclado negro e áspero que xa non me responde. As mans son as que non deixan de moverse, ao seu aire, sin seguir á cabeza. Ainda pode ser que o alcol ande a facer das súas e que todo esté condicionado a ese último cubata , o que me tomei ás seis da madrugada. Fin. E todo o que podo dicirvos sin temor a facer o ridículo. Pois iso.

No hay comentarios: