Almorcei co diario de Pontevedra, toda unha satisfacción morbosa nestes momentos da miña existencia placenteira. E é que o Diario non decepciona nunca, vamos que unha atopa nel o que espera, e sempre deixa saciada a miña ansia de cotilleo pontevedrés. Finais dos Xogos Olimpicos, adeus a Pekín e a toda a parafernalia. E logo a abalancha informativa acentuando as cifras, a nosa, 18 medallas, 5 ouros. Que tampouco é para tirar cohetes, pero a nós enseguida se nos infla a vena nacionalista, e nos atribuímos as medallas como si fose cousa nosa , estando tirados no sofá , o de conseguir eses exitos deportivos. Somos a hostia, e máis nada. Pero ainda así , qué partidazo fixemos contra EEUU, eh? Porque España cando se pon, e moi grande, e en baloncesto, pois iso, demostramos que non hai quen nos tusa.
Claro que a min o que realmente me puxo cachonda na fin de semana foi a aventura olímpica dos chavales do kayak, que conseguiron o ouro contra todo pronóstico, ni eles mesmos o podían crer. Perucho e Craviotto foron o prato forte que acabou en vitoria. Porque no baloncesto o sabor final foi agridoce, como son sempre as medallas de prata. A prata psicolóxicamente é perder. E a opción dos segundóns, dos conformistas, dos que polos pelos non cumpriron o seu soño. Din os xornais, prata cuberta de ouro, vitoria moral, e bla bla bla. Eu pegueime o madrugón o domingo, tentei abrir os ollos enroscada no sofá e seguir as reflexións dos comentaristas pola TVE1, pero foi no momento no que España só estaba a dous puntos de EEUU cando despertei de vez, erguinme como impulsada por un resorte e vin a final en todo o seu esplendor. Acojonante. Pero perdimos (perdón, perderon), punto.
A actualidade non só estivo en Pekín, en Pontevedra tamén pasan cousas. Habilitouse , estrenouse -con certo éxito- o botellódromo no parque Rosalía de Castro. Os rapaciños de 16 anos xa teñen un reducto na cidade onde beber ata botar a pota, alonxado das miradas dos pontevedreses , sin molestar aos que durmen e aos que pasean polo casco histórico nas noites estreladas. E son tan cachondos os que moven o cotarro no concello que para a inauguración do invento, (entrada en vigor da ordenanza antibotellón) organizouse na noite do sábado un concerto na zona habilitada para beber. O grupo Ratas Sucias, (ou ao revés , non sei) amenizaron a movida nocturna dus 600 xoves que beberon calimocho, ron e outras bebidas de alta graduación alcólica.
Eu non fun de botellón, pero polo visto todo estivo moi ben, moi bó rollito e todos a colaborar coa poli, que "majamente" derivou aos nenos despistados coas súas bolsiñas do Moldes ao recinto. Eu estaba tomando caipirinhas pola zona, que vaia que é difícil tomar unha caipirinha decente nesta cidade. A primeira parecía máis un granizado que unha caipirinha, a segunda tiña moito azúcar e pouco alcol, e bueno...non sabía a caipirinha. E a base de probar, acabas cunha dor de cabeza nada normal , e total , para qué?
No hay comentarios:
Publicar un comentario