«¿Pareció fácil? No, ¡no lo fue! Me sentí como si nadara, y solo me decía a mí mismo, no mueras, no mueras. ¡No fue fácil! Dejé todo en la pista», estas foron as verbas que onte nos ofreceu Bolt despois de conseguir un novo record mundial. Foi nos 200 metros, cun tempo de 19.30. Eran pouco máis das 16:20 horas en España, e este home que nos deixa a todos sin adxectivos facía historia en Pekin. Mantivo a incógnita sobre as suas pretensións nos 200 ata o final. Fíxonos crer que só lle interesaba o ouro, que non quería batir ningún record, pero no momento clave, na gran final, saiu a romper tódolos esquemas do atletismo mundial. Esforzouse - creo que por primeira vez nestes xogos- e o seu rostro reflexou por primeira vez un xesto de rabia contida. Gañou, por suposto. Superouse a sí mesmo. Sobrepasou tódalas espectativas. Bicou o chan e mostrou a camiseta mostrando con orgullo as cores que simbolizan a Jamaica. O home máis rápido do mundo convertiuse en lenda indiscutible, deixounos a todos coa boca aberta, en extasis.
Para correr 200 metros en 19.30 segundos non hai que correr, hai que voar, non sentir o chan baixo dos pés. Miraba o reloxo, quería ese record, e conseguiuno. Só un home, Bolt, podía intentar unha proeza así, e conseguila. «Soy el número uno. Probé al mundo que soy el verdadero campeón y que trabajando duro todo es posible. Esto es más de lo que podía imaginar. Estoy superado por los acontecimientos. No pensaba en batir el récord porque me sentí cansado en las series. Pero quería dejarlo todo en la pista y lo hice». As palabras de Bolt reconfortannos porque o fan humano, a este fora de serie, indescriptible, que parecía máis un deus ou un extraterrestre durante as series, e que na final, voou sobre a pista e convertiuse co triunfo nun home como calquera outro, que tivo que esforzarse para que todo o mundo tremese ao contemplalo.
Para nós, tamén foi máis do que podiamos imaxinar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario