A piques de que den comezo os Xogos Olímpicos , Pekín móstrase como unha cidade blindada , que rezuma policía por tódolas esquinas e colócase no punto de mira de todos por motivos máis que obvios. O que se preguntan agora algúns é si a celebración dos Xogos vai servir a China como escaparate do rexime comunista no mundo, ou pola contra servirá para instaurar principios democráticos no país. Sen dúbida o rexime chinés aproveitará os xogos para interpretar neles o recoñecemento da lexitimación do comunismo a nivel global. O que xa non está tan claro é si alguén aproveitará a ocasión para reclamar dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, o dereito á información ou dereito de manifestación, todos eles inexistentes en China. As organizacións de defensa dos dereitos humáns lembraron aos deportistas que a liberdade de expresión é un dereito individual fundamental e alentaronos para que fagan declaracións públicas en China en pro da defensa da liberdade e da democracia.
Os gobernos temen que estas declaraciós políticas se realicen e teñan consecuencias, e advirten aos deportistas que garden silencio sobre asuntos políticos, e todos están pendientes do que finalmente vai suceder. China pregoniza un "a xogar e calar", e organizacións de medio mundo incitan a pequenas revolucións individuais, casi actos heroicos en boca de personaxes públicos recoñecidos polos seus méritos no deporte.
A estas alturas parece inútil o debate sobre si a decisión de celebrar as Olimpiadas en China foi acertada ou non, e os demócratas temos agora as nosas esperanzas postas na defensa individual que cada un dos participantes nos xogos podan levar a cabo, no seu grao de implicación e na repercusión que estas pequenas accións individuais poden chegar a ter.
China xoga coa baza de ser unha potencia económicamente superior, e viste a cidade de Pekín para que nada se saia do previsto, os gobernos dos países participantes miran para outro lado e dan instruccións aos seus deportistas, e na rúa sérvese o debate e a incógnita ante posibles incidentes alleos ás actividades puramente deportivas. E así, nun clima opresivo, de excesiva seguridade e total carencia de información, inicianse uns xogos nos que todos esperan ver algo máis que competición e deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario