Dando unha volta polos xornais dixitais atopei unha cousa interesante. Resulta que a noticia máis vista en internet foi a que fai referencia a un blog dun ex profesor de 75 anos que explicou nun artigo a crise económica, dende o seu inicio en EEUU ata a súa expansión a Europa. Di este profesor que o seu artigo é tan só copia do lido en varios xornais e algún comentario persoal, pero o feito é que xa tivo repercusión en todo o mundo.
Intentei ler o artigo enteiro, pero non tiven tempo a lelo en profundidade, sin embargo creo que merece a pena, pola sinxeleza coa que vai describindo o problema. Ao final , intenta explicar unha a unha as ventaxas e inconvenientes das medidas económica adoptadas polo goberno español para paliar os efectos da crise no noso país. Creo que cando menos precisa dunha lectura rápida, xa que para os que non temos moita idea de economía pode clarificarnos un pouco como se expandiu unha crise da que non fomos conscientes ata que xa era inminente.
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/03/00031217765127280523366.htm
http://leopoldoabadia.blogspot.com/search/label/%2B%20ANEXO%201%20Crisis%20NINJA
No hay comentarios:
Publicar un comentario