Os pontevedreses deixaron 18 toneladas de lixo na cidade despois da festa das peñas, pero ainda que parece unha cifra considerable, o certo é que son menos porcos que outros anos. Non o digo eu, senón o Diario de Pontevedra, que afirmaba na edición de onte que a media de lixo na cidade depois da primeira fin de semana das peñas está entre 20 e 25 toneladas. Así que , tendo en conta estas cifras pois parece que a que se montou este ano non foi para tanto.
Ao tempo que Pontevedra celebraba a súa festa de peñas, que xira en torno ás touradas e o tinto mollando as camisetas, Cambados celebraba a festa do Albariño, cun ton totalmente diferente, no que o albariño cobraba protagonismo, xunto co ambiente festivo na rúa, xente de tódalas idades, compartindo distintos escenarios: concertos, casetas de viño, orquestas…
Ao Albariño foi don Manuel, e foi alí onde dixo que xa tiña 85 anos e que comezaba a notar a idade sobre o corpo , sobre todo que se resentía da perna esquerda, e que non sabía canto tempo lle quedaba. Supoño que o bó de don Manuel era o único que non se dera conta de que os anos xa lle pesan, a verdade é que lévanlle pesando xa fai algún tempo. Claro que a idade é relativa. E canto máis maior se fai un máis lonxana ve a vellez, como si a perspectiva sobre a senilidade fose mudando a media que pasan os anos por riba dun. Así meu pai, cando tiña uns sesenta anos, contando unha historia, ao facer alusión ao protagonista da mesma dixo “era un chaval así coma min”. E o peor –ou o mellor, según se mire- é que o dicía totalmente en serio, non con ánimo de resultar simpático. Pois si, a idade é relativa. Eu coñezo moitos vellos de trinta anos, e moitos chavales de setenta, como o meu pai.
Tamén o lixo –as toneladas de lixo- é relativo. 18 toneladas de lixo son moito lixo para os que teñen que limpalo, por exemplo. E sin embargo non son máis ca unha cifra nun xornal para os centos de persoas que entre o sábado e o domingo dispoñían da cidade ás súas anchas, deixando o chan perdido, cheo de botellas, cartóns, papeis, cristais…
Menos mal que ao final non se confirmou a folga dos operarios que recollen o lixo, e o luns puidemos atopar a cidade perfectamente aseada para encarar a semana, ata a próxima tourada, eso sí.
Polo demais, percateime de que estamos en agosto, e que por fin chegou o verán. Luce un sol espléndido e as praias están abarrotadas, imposibles. E ainda así non pode unha evadirse do pracer de deixarse estar sobre a area quente, de buscar entre toallas e sombrillas un anaquiño de area para acomodarnos, e aturar con paciencia os nenos que che tiran area, as pelotas que che baten na cabeza, os que de regreso das duchas pasan polo teu lado e te poñen pingando. E iso por non falar do difícil que é mergullarse na auga, sin que miles de pequenas criaturas che corten o paso con todo tipo de artiluxos, que si tablas de surf, colchonetas, lanchas hinchables, balóns…Vamos que ir á praia convertese nun deporte de risco dende o primeiro instante.
Pero na praia pode un aproveitar para ler o xornal, e poñerse dos nervios vendo por exemplo as cifras do paro, que pese a ser agosto, subiu. Desalentador. Eso si, estanse equiparando as cifras de paro femenino e masculino. Non é idílico conseguir a igualdade efectiva nas cifras de desemprego, pero así son as cousas. E os xogos de Pekín a piques de comezar, con todo o debate que traen consigo. Ao final todo se resolve en termos económicos, e hipócritas ou non, os países democráticos farán a vista gorda ante as barbaridades que se cometen en China, ante a violación constante dos dereitos fundamentais.
Sin embargo agosto non é un túnel negro no que perderse e afogar de pesimismo. Agosto trae as festas da Peregrina, as festas da miña aldea –San Lorenzo de Arbol, en Vilalba- , as festas de Soutelo de Montes…En fin, temos todo un mes por diante para seguir construíndo o verán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario