Lento agosto agoniza
tras o ventanal que da á rúa bulliciosa.
Lonxe o mar, e os raios penúltimos do verán...
Onte comecei a patinar, con dificultade, con esforzo.
Gustoume a experiencia, pola novidade e pola compaña.
Entre amigos enténdese mellor o mundo.
A mañá comezou con sobresaltos, propios da rutina das oficinas,
pero hoxe sei que vai facer calor, por fin o verán¡¡¡¡
Dilúese agosto entre nostalxias dun verán que se quedou curto,
que casi non se deixou sentir na pel nin nos estados de ánimo.
Remataron as Olimpiadas, ¿e agora qué? Onde poño o meu interese
nos minutos de ocio...
Menos mal que as mañás teñen un "algo" que me senta ben ao corpo,
ese regusto do que foi o amor, do que puido ser, ao fin, tan só o que conseguimos salvar.
Agosto morre no calendario , nas miñas entrañas, na cidade enteira.
Botellódromo, Feira Franca, consulta de marcapasos, Cadiz...Eso é setembro no panorama da cidade.
Hoxe estou relativamente tranquila, mentres escribo, sin demasiado afán de compartir nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario