11 agosto, 2008

11 de agosto.



Cheguei a Pontevedra un luns 11 de agosto, e atopeime de mañá con cotilleos frescos no Diario de Pontevedra. Adoro este diario e a esta cidade, que me brinda cada día novas posibilidades de felicidade. Esta vez foi a festa do Liceo Casino, no que como cada ano se presentaron as mozas da cidade en sociedade. Este ano foron 22 rapaciñas entre 16 e 18 anos, as que acompañadas dos seus pais e padriños, asistiron á cea baile que tivo lugar no Casino pontevedrés. O Diario de Pontevedra derrocha no artigo poesía ,e conta con certo aire romanticón como se deselvolveu o evento, sin deixar de lado a outra cara da cidade, a festa que se vivía nas rúas da cidade " las calles de la ciudad ardían con la atolondrada fiesta de peñas". Porque a plebe tamén ten dereito - pobriños, eles que non bailaron o vals- a divertirse , cada un como sabe, ou como lle permite o seu status.

No medio das 22 raparigas aparecía fotografiada xunto co seu pai a filla de Telmo Martín, Nuria Martín Taboas, que co seu vestidiño branco, tamén disfrutou da noite do sábado cal princesiña de conto, lonxe da muchedumbre chusmosa que do outro lado das paredes do Casino bebía viño tinto e botaba a pota polas esquinas. Nuria non é coma elas, Nuria bailou o vals con papá, e disfrutou dun manxar exquisito, e despois tivo baile civilizado ata a madrugada e, cócteles a altura da súa alcurnia, non viño rancio de cartón do Día.

Mariano Rajoy ía asistir ao baile do Casino, pero acontecementos de última hora impedíronllo , moi ao seu pesar. Lembro que o ano pasado sucedeu exactamente o mesmo. Penso que a frase do Diario de Pontevedra era a mesma, contando como Rajoy nunca falta a este evento , pero como motivos de última hora llo impediron nesta ocasión. E así ,ano tras ano, Mariano , o sempre presente, acaba ausentándose con caracter extraordinario. Adoro -insisto- o Diario de Pontevedra, e a súa maneira de pintar a realidade.

Mariano foi aos touros, eso sí. Vin a súa foto tamén no xornal de marras, e facía a ola o político, todo feliz, mesmo parecía que disfrutaba , o touro xa estaba a morrer o condenado, qué espectáculo, deus.


Sobre todas estas cousas típicas pontevedresas, xa escribía eu o ano pasado, cando aínda non tiña blog, e quédome parva ao ver o similares que foron os acontecementos. E é que nada muda nesta Pontevedra dos meus amores, e menos nestas datas da Peregrina. Buscarei o artigo con esmero , para compartilo con vós, e para que comprovedes que ,efectivamente, ano tras ano, Pontevedra revive os seus xestos ,as súas poses, a súa fanfarronería e tamén a súa caspa , ao tempo que as prazas se enchen de bulliciosa plebe que pinta as rúas de ledicia, de sorisos sinceiros, de festa auténtica. A Ferrería, o Teucro, a Alameda...ahí é onde se vive a verdadeira esencia da Peregrina, sin princesas vestidas de branco nin touros desangrados na praza, sin politicos lucindo palmito e deixandose fotografiar con amplos sorisos de titular. Outra Pontevedra existe, e nada ten que ver coa que debuxa o Diario de Pontevedra.

2 comentarios:

Raquel Gulías dijo...

Hola! aprovecho el blog para saludar. El outlook no me guarda las direcciones, así que no puedo estar tan comunicada como de costumbre.

Byeeee

Raquel

..... dijo...

Genial el post :)! Mucho mejor que los artículos del Correo Gallego. Prefiero las diversiones plebeyas!
besos