30 diciembre, 2010

"As historias hai que pechalas unha a unha e á vontade"
*
Estamos no penúltimo día do 2010 e todo apunta na mesma dirección, por tódalas esquinas resoa como un eco constante , dende os xornais, os canles de televisión , a radio, as revistas, os repetidos balances de fin de año, ese botar a vista atrás e facer recopilación rápida dos momentos bos e dos malos; e xunto co balence os propósitos, malditos e tamén repetidos propósitos para o ano novo, como si un cambio de día no calendario fose a mudar de pronto tódolos cimentos da nosa existencia e convertirnos en seres distintos que comezan de novo.
Os tópicos son inevitables e resulta dificil resistirse a caer neles. As veces tamén se fai de todo necesario, deixarse mecer por eses xestos casi involuntarios que nos conducen a facer listas e máis listas, xa sexa sobre o papel ou na memoria.
Eu fixen o meu balance das tristuras xa fai días neste mesmo blog. Seguramente incompleto, e moi piadoso, a verdade é que fun xenerosa conmigo mesma nese balance triste de fin de ano. Agora tocaría o balance alegre do 2010, pero non me sinto con forzas esta noite, quizais mañá.
*
Bronquitis. Afonía. Son cousas deste inverno que nos caeu enriba de golpe e sin piedade. En Pontevedra a climatoloxía non é tan dura coma na aldea, pero os días -e as noites- nas rúas pasan factura. Síntome enferma ,pero tamén me sinto depremida:
Envielle un sms no que lle lanzaba un órdago brutal, ou me dis sí ou terei que olvidarme de ti. E por suposto que non dixo si. Nin non. Dixo o que diría calquera cobarde que quere manter unha situación á sua vontade sin ter que comprometerse de ningún xeito; dixo que estaba na cama con febre. A verdade é que non o creín. Pero o de menos é si me mentiu ou non, o importante é que si tivese 40 de febre e eu lle interesase o máis mínimo a súa resposta sería outra.
Agora toca cumplir a miña ameaza e esquecer. Esquecerme del, para sempre.
*
Chamábase M.
*
"Detrás de cada despedida hay algo de esperanza y algo de promesa"

No hay comentarios: