Eu, que fai tempo que non creo no amor, ou polo menos nas posibilidades reais de que chegue a materializarse algún día no meu universo persoal, non podo evitar escoitar esta canción e romper a chorar como un pícaro. Come back, come back...e non sei en quen penso ,a quen recordo como unha dor insoportable...Pero sei que hai nostalxia, que hai dor, que hai uns ollos azuis que se marcharon e que boto de menos...Eu, que non creo no amor...
No hay comentarios:
Publicar un comentario