También hay un tiempo de olvido, afortunadamente, y un tiempo de "nada" sobre la conciencia, que te traslada a otro mundo posible, quizás menos emocionante, pero también lejos de esa montaña rusa en la que a veces se convierte una vida que se deja transcurrir a ritmo de pasiones. Agracede una la "nada" que lo tiñe todo de resignación y paz azulada. La memoria puede esperar, y el amor, y el desamor con sus clavos punzantes...Hoy me aferro a una taza de café, a unas botas de montaña y a un paisaje invernal que me dice a gritos que todavía estoy viva. No necesito nada más.
*
Escoito unha canción unha e outra vez, de xeito obsesivo. Canto máis a escoito máis sinto que é a miña canción, a canción que me vai devolver á tristura da nostalxia cando precise emocionarme de verdade, e que me vai devolver á paz dos meus sentidos cando todo esté revolto no meu entorno de días imposibles. Unha canción que é como un arrullo, como un susurro suave no medio da realidade, un susurro de verbas que me acarician e me devolven o optimismo ou o pesimismo que preciso, según o caso; unha canción reversible para encher os momentos de banda sonora transcendente.
*
Desfacer unha maleta é un acto obsceno que ten un punto de crueldade excesiva. Cheira a roupa ao último destino, e en cada prenda colgouse sin remedio un fío de nostalxia imprecisa pero imborrable ao mesmo tempo que acaba por encher os teus armarios: un olor a algo alleo pero que foi moi real durante os días que durou a viaxe. Traes nela o cheiro do cuarto onde durmiches, os olores que impregnaban o lugar do que regresas, as pegadas dos bicos esquecidos ou perdidos, as verbas que se dixeron e as que xamais foron pronunciadas e que agora xa é demasiado tarde.Desfacer unha maleta debería estar de todo prohibido, deberíase queimar o seu contido nada máis chegar, recordos e agasallos incluídos, ou ben deixala á súa sorte abandoada na terminal dun aeroporto ou no maleteiro dun taxi, como por descuido. As veces penso que fan un ben á sociedade esas compañías de avións que perden maletas como quen perde chisqueiros nos bares, dun xeito ordinario e casi metafórico da nosa existencia. Somos o que perdemos. Nesa maleta ía parte da nosa historia pasada recente, e sin embargo, qué felicidade poder evitar o momento tráxico de chegar á casa , tirar pesadamente a maleta sobre a cama e abrila con pereza, con tristeza nos párpados, e sentir como os olores que garda no seu interior nos devolven ao paraíso perdido xa para sempre , dun xeito inevitable. Podemos voltar, pensamos. Incluso ás veces, máis osados dicimos, hei de voltar algún día. Pero , pobres infelices, no fondo enganámonos á nós mesmos, porque sabemos moi ben que , como di a canción , " al lugar en que fuiste feliz no debieras jamás de volver".
No hay comentarios:
Publicar un comentario