Literalmente o sms di así: "Hola, si voy por Pontevedra te doy un toque, estoy de aquí para allá, esta semana complicado, ¿para la semana?Beso,¿qué tal en Cies? "Por suposto escrito cos caracteres típicos que se usan nas mensaxes de texto nos móbiles, un "tq" "bs" "x", esas cousas da economía que tan maxiltralmente están a modificar a nosa lingua.
Ao tema, o rapaz en cuestión gústame -ou gustábame- e por iso decidín darlle unha segunda oportunidade cando nos encontramos pasado un ano e despois de que inclupira a súa promesa de chamarme ,alegando na súa defensa que perdera o teléfono na mesma noite que eu lle dera o meu número.
Si algo debería aprender unha na vida é que as cousas que comezan pintando mal, non poden mellorar de cor co tempo, senón máis ben ao contrario. Pero eu son -polo que se ve- de aprendizaxe retardado ou corto entendemento, porque unha e outra vez cometo os mesmos erros e por iso sufro disgustos innecesarios que fácilmente podería evitar.
Esta vez foi o destino o que nun xesto burlesco e cruel quixo poñerse da miña parte a tempo, antes de que a cousa fose a maiores. Tivemos un "algo" bonito que deixou en min un regusto entre amistade e paixón e despois diso non puiden máis que ilusionarme coa idea de voltar a velo, a falar con el , a coñecelo un pouco mellor. Imaxinei que el compartía a mesma ilusión e que pronto ese entusiasmo nos traladaría aos dous a un encontro deses que dificilmente se olvidan.
Agardei. Non son unha persoa paciente e non me gusta agardar sentada por unha chamada, e menos cando a quen espero é a un home ao que casi non coñezo, pero esta vez algo parecía distinto, él inspírabame certa confianza, e por iso cando lin o seu sms interpreteino no sentido exacto das palabras que dicía, sin dobles intencións, sin dobles lecturas, cega de confianza.
O destino, ay o destino, ou ese paiaso que move os fíos das marionetas que somos neste teatro enorme que é o mundo, quixo mostrarme a realidade dun xeito entre cómico e cruel: Era venres pola noite e eu entraba cunha amiga a un bar da zona ao que acostumbro ir, un sitio tranquilo que invita á conversa e a certa intimidade. Quedaramos alí con dous amigos e nada máis entrar encontreime sentado nunha mesa ao home do sms, acompañado dunha morena alta e dunha caipirinha.
Acelerado levantouse para saudarme dun xeito agarimoso, dous bicos un abrazo, e todo o demais foron verbas exculpatorias que soaban mal porque como di o principio de dereito "excusatio non petita accusatio manifesta". Tivo mala sorte o chaval, todo hai que dicilo, porque non haberá rincóns na cidade nos que ir a tomar unha copa e non encontrarse conmigo.
Sendo racionais os meus amigos dixéronme que non tiña importancia, que ese día quedou cunha e outro día podía quedar conmigo, que non tiña nada conmigo e podía estar tanteando a unhas e outras...Agradecín o xesto de palmada nas costas dos meus amigos , pero a realidade estaba escrita na pantalla do meu móbil (si voy a Pontevedra te doy un toque) e a realidade era simplemente que me mentira, que tiña máis tempo do que dicía e que simplemente non tivo a ben compartirlo conmigo.
No momento sentínme un pouco triste, a tristeza xusta que acompaña ás pequenas desilusións, e pareceume cruel a artimaña do destino. Pero coa perspectiva que dan dez horas de sono e un café con leite con xornal e conversa telefónica coa miña irmá, penso que hai certas muecas que debemos agradecerlle a quen queira que sexa que as propicia. Alí estaba eu, contenta, libre , entusiamada e sinceira, e alí él, escupindo nun intento patético frases que levaban irremediablemente a marca das mentiras. "Lo de llamarte la semana que viene sigue en pie" "Ahora me voy, mañana trabajo"
-
Eu sempre sei o que vai suceder de antemán pero ás veces non quero velo. A realidade casi nunca me convence e por iso quero cambiala , pero non se pode. Sei que non me vai chamar. Sei que lamenta máis ca min o episodio de microsegundos eternos do bar, e sei que lle gusto. E sin embargo...¿por qué remata tan mal esta historia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario