Imaxina que é domingo e ao outro lado do mundo agarda por ti unha aventura marabillosa e insperada, algo salvaxe, emocionante en todo caso. Imaxina que é domingo e que nin a resaca nin as horas sin durmir nin as mensaxes recibidas no móbil a deshora fan que o teu ánimo se amilane nin o teu entusiamo flaquee o máis mínino. Imaxina que é domingo e madrugar para ir mercar pan recén feito ten o seu encanto, algo así como un ritual de iniciación á vida xa de todo esquecido. Non hai afters nin a roupa ule a tabaco nin se perden bicos polos nas ruínas de Santo Domingo. Simplemente imaxina que é domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario