Eu quería ser feliz e estiven a piques de conseguilo; esta vez tiña fe e tiña ademais todo da miña parte. Antes do Nadal ,un tempo frío que se che pega ao corpo e que te fai sentir como un neno envolto nunha bufanda moi longa á que tes que darlle mil voltas arredor do pescozo. Ata me puxen a escoitar villancicos e merquei un papanoel xigante que fixen pendurar do teito do salón, como si tan só el presidise a estancia e ao mesmo tempo a miña felicidade futura. Pensei que esta vez sí, que esta vez merecíao por riba de tódalas cousas e desexábao por riba de calquera outro desexo. E coloquei velas de cor vermello por toda a casa e enchín o espacio de "Jingle bells" e ampliei o meu sorriso ato o infinito.
Entón chegou un email ao meu correo electrónico que me devolvía con crueldade á realidade, ao meu pesadelo particular antes de Nadal: a fe tan só, non serve de nada, nin tampouco o optimismo. E fixen o único que sei facer cando vexo os meus pequenos sonos despedazados polo chan, cortar o pelo, tomar un lexatin e meterme na cama co único desexo de non despertar ata dentro de polo menos cen anos.
***
Teño a seguridade de que mañá será outro día. Gustaríame crer no Nadal e nas súas posibilidades, na maxia que lle atribúen nas películas, e poder desexar con forza un pouco de amor, un pouco de ilusión.
***
Farei a maleta con roupa de abrigo, pensando en ir á casa dos meus pais a sentir ese calor da infancia que tan só hoxe pode reconfortarme un pouco. Ao comezar o novo ano vou deixar atrás demasiadas cousas, amistades tal vez...Non estou de todo satisfeita, pero por unha vez en moito tempo sei o que quero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario