Acabo de ler un blog e acabo de recuperar de súpeto o sentido do frío, a beleza do frio. Teño que recoñecer que fixen esta lectura de pasada, como querendo fuxir a toda velocidade desas verbas que podían atraparme para sempre nunha mañá como a de hoxe, na que vexo a neve pola fiestra da cociña da miña casa da aleda e se me veñen a memoria mil soños rotos e outros tantos esquecidos. Hoxe sinto que non podo cargar coas tristezas alleas, cos fracasos dos outros, coa nostalxia que calquera fenómeno metereolóxico prende nas solapas dalguén que non son eu. Pero quedoume desa lectura a sensación máxica do frío, este que agora ameaza ao outro lado da fiestra, que o tingue todo de blanco e que me leva a min a moitos camiños do pasado.
***
Hai persoas que se che clavan dalgún xeito nas entrañas , na memoria, en cada un dos sentidos. Esa atracción que podería pensarse frívola e insubstancial tradúcese ás veces nun desexo máis aló do físico , do puramente carnal, dese desexo que se consuma en bicos e encontros carnais desenfrenados. As veces sucede que o que simplemente é atracción convírtese co tempo nunha paixón que ainda que difícil de explicar é máis real que moitas outras sensacións que a miudo relacionamos co amor.
Teño un home clavado deste xeito nas entrañas, na memoria, en cada un dos sentidos...Non me deixa escribir o seu nome.
***
Agardo a que suceda algo grande , algo que consiga mudarme o corazón, poñelo en marcha dunha vez por todas. Funciono a ritmo de marcapasos , tamén no amor. Dun xeito artifial, construído a base de latexos metálicos que me permiten sobrevivir sin sentimentos a flor de pel. Pero o meu corazón non bombea por ninguén, e o meu marcapasos non pide tregua nin se me sube á gorxa porque non pode con tanta felicidade. Agardo.
Puxen as miñas esperanzas nas grandes posibilidades, pechando as portas ao pasado, aos homes que non souperon quererme e aos que simplemente se colaron de pasada entre os meu labios para non deixar rastro.
***
Probablemente non sexa o home máis guapo do mundo, nin o máis listo, nin o máis intelixente, pero eu vexóo e sinto que é o home co que me gustaría vivir algo de verdade. Facía anos que non encontraba no camiño un home que me parecese real , que me parecese posible.
Del gústame todo, dende a súa pañueleta que leva sempre anudada na cabeza sobre a frente , recolléndolle o pelo cara atrás, ata esas mans extremadamente delgadas e do osos longos e marcados. Gústame o seu cabelo rizado e que xa comeza a blanquearlle polas patillas, e a súa barba recortada que tamén comenza a teñirse de blanco. Pero por riba do seu físico gústame a súa maneira de falar, de contar as cousas, de emocionarse cando toca un tema dos que lle gusta, de facerte partícipe dos seus coñecementos e das súas paixóns. E un home auténtico ao que non se lle subiu o ego polas nubes ao descubrir que o miraba con admiración e desexo. Un home que pese aos seus anos, ainda sabe xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario