18 diciembre, 2010

Me resumo

" O mellor é non darlle importancia ás cousas que non teñen importancia, ás cousas que simplemente non poden ser. Hai demasiadas cousas que non poden ser e non podo con todas. Non darlles voltas. E todo acaba por colocarse no seu sitio dun xeito natural."
*
"Dende que a conocín todas as persoas que me chamaron Emmita algunha vez tiveron de min toda a miña ternura."
*
Aunque parezca lo contrario soy una persona tremendamente optimista; me derrumbo diez veces al día y me levanto otras diez. Mi punto "Scarlett" hace que lo magnifique todo.
*
¿Cuándo me pongan el marcapasos nuevo se renovará también mi corazón?
*
"Una vez te quise siempre"
*
Balance triste antes do Nadal:
-un dos meus mellores amigos díxome fai uns meses que lle daba noxo. Supoño que espera que lle pida perdón.
-convertín o meu xeonllo esquerdo nun cadro cubista e non hai parches de silicona nin rosa mosqueta que o arranxe
-o senderismo mola ( triste porque rematou unha etapa e vou botar de menos moitas cousas)
-ás veces sinto medo da morte, algo tan presente na nosa vida e ao mesmo tempo que temos tan pouco presente.
-miligramos de alprazolán para funcionar dun xeito casi normal
-o presente é o futuro que agardaba, a promesa dunha vida mellor, e agora que vexo no que se convertiu...síntome unha fracasada. Ao final todo é simplemente pasado.
-eu estaba disposta a quedarme, a intentalo, e vai e rompe un pé, o moi torpe. E o amor non entende de segundas oportunidades...Pasei páxina.
-chamábase Jorge. Estivo na miña vida cinco anos e agora que xa non está pregúntome si estará ben donde queira que esté.
-o meu marcapasos campa ás súas anchas polos arredores do meu peito esquerdo, desplázase, saenlle os cables en punta ás veces, clávaseme na carne, provócame unhas dores molestas e agudas. Cousas da perda de peso, imaxino. Cicatrizan pronto eses pequenos desgarros internos e os cables acaban por voltar a colocarse nun sitio discreto que non amole moito, pero entre tanto, non podo usar nin tirantes, nin suxeitador, nin levar o bolso colgado do lado esquerdo.
-lembro un sms terrible , quizais o máis terrible que recibín na miña vida, dicía "murió". Non lle atopo moito sentido a esto de vivir cando pode un quedar polo camiño en calquera esquina e en calquera tempo.
-cando penso no frío daquela sala, no meu abogado, nos outros, no micrófono no medio da estancia, e eu alí, diante de todos, falando, sendo preguntada, acosada, observada. A xuíza mandando calar, borde , arrogante; as miñas pernas tremendo, o meu xefe burlándose desde a súa fisionomía de fantoche como si a cousa non fose con el. E logo o veredicto, ridículo, sangrante, grotesco. A verdade non é a verdade, é a verdade que queda probada, a que queda sobre o papel como verdade vista para sentencia. O dereito é un xogo absurdo e cruel.
-hai barrios que se instalan na memoria para sempre con identidade propia, sin suxeitos alleos a eles mesmos, sin necesidade de máis recordos que os que eles mesmos foron capaces de xenerar. As rúas estreitas e familiares, os cafés abarrotados de homes á saída do traballo tomando café só e ollando as noticias no televisor, os precios baratos do supermercado Minipreço e o saúdo agarimoso e familiar da caixeira, os interrogatorios das veciñas no portal querendo saber de onde veño a onde vou con quen por qué; a frescura e viveza dun barrio á beira dunha gran cidade, á beira de Europa a tan só cinco minutos de tranvía.
-chamábase Fernando, angolano, terco como unha mula. Supoño que non cheguei a coñecelo moi ben.

No hay comentarios: