Entrei no ano novo cargada de propósitos, como casi todos; pero esta vez sí, esta vez ían levarse todos adiante porque o meu corazón cansado de mil batallas e de mil derrotas xa non pode permitirse voltar a caer. Esta vez os propósitos de ano novo nada teñen que ver con soños imposibles ou esforzos sobrenaturais, non teñen que ver coas grandes pretensións que nos rondan ás veces os mortais nesta vida, nin cos quereres anhelados que nunca se deixan ser. Esta vez, mirei de cara ao futuro e simplemente sentín que entre él e eu había unha débeda pendente que debería cumplirse. E comecei a cuidarme a min mesma para que nada malo me sucedese.
*
Quedaron atrás as persoas que non souperon ou non quixeron seguirme, porque eu non podo xa perseguir imposibles. E nun acto moi representativo comecei a desagregar peña do facebook como quen barre do chan os restos de confeti despois dunha festa que rematou non como quixeramos. Pronuncei adeuses en silencio cos que ía despedíndome de cada unha das persoas que quedaron para sempre no 2010 e tomei a determinación -irrevocable- de no 2011 querer tan só a quen me queira.
*
Fun a esquiar por primeira vez na miña vida e ainda que agora teño o corpo como si me desen unha paliza de morte, síntome algo máis viva. Pero esto é outra historia, que xa contarei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario