"Os pais son os únicos que din adeus cun sorriso, porque é un ata logo, sempre están aí, aínda na distancia física"
*
Voltar á casa polo Nadal é unha das rutinas que máis aborrezo,e ao mesmo tempo son consciente de que é un privilexio que algún día botarei profundamente de menos. A calor da cociña; papá vendo a tele moi pegado á pantalla porque xa non oe ben; mamá facendo ruído de cacharros mentres improvisa a cea de noiteboa -a medias imaxinación a medias a receta impresa nun libro de cociña moi moi antiguo-; un veciño que entra fregando nas mans e di que fóra fai frío e séntase e conversa; a cadeliña pequena que ronca debaixo da mesa; o móbil que non soa porque non hai cobertura, e é coma estar illado do mundo, das falsas esperanzas; e internet como unha ventana ao infinito que non compromete demasiado...Voltar á casa polo Nadal é quizais o máis máxico que me acontece en todo o ano.
*
Fai frío, moito frío. Agradezo o frío porque me fai sentir viva na aldea, viva entre as cousas que me son tan cercanas e ao mesmo tempo que teño tan lonxe.
*
Dicía o meu horóscopo que o día 24 prenda unha vela e pida un desexo. Eu casi fago ese pequeno xesto cada día, e os desexos non acaban de cumplirse nunca. Hoxe ten que ser distinto; no 2011 ten que ser distinto, porque xa agardei demasiado e porque comezo a quedarme sin paciencia
*
No hay comentarios:
Publicar un comentario