20 noviembre, 2008

Sin tetas non hai paraíso


Na miña adolescencia solía ir de vez en cando a unha discoteca da zona de Lugo, bastante coñecida, desas nas que te atopabas condenado a pasar alí a noite enteira , pois non había moitos bares ao redor. Nesa discoteca facían sorteos de coches unha vez ao mes, ou cada dous meses, e para iso cada entrada ía acompañada dun número que tiñas que gardar como si dun boleto de lotería se tratase. O día do sorteo a discoteca estaba a reventar, viña xente de todos lados de Lugo, coas carteiras cheas das entradas numeradas que cada un fora acumulando. Nos iamos sempre en grupo, a mesma pandilla, e por aquelo de que une e vencerás xuntabamos tódalas entradas, tódolos números e así tiñamos máis oportunidades de gañar. A sorte non nos acompañaba demasiado, pero unha vez, pillounos por sorpresa que alguén subido no escenario cun micrófono en man lía en voz alta e clara o noso número. Tocounos o coche. Vendímolo alí mesmo, á propia discoteca , pola metade do que valía no mercado. Repartimos os cartos e financiamos con eles un par de ceas, e as borracheiras duns cantos fines de semana. O coche suvencionounos a entrada na discoteca uns meses e máis un par de levis para cada unha, punto. Non foi máis ca un xogo de nenos, que nos meteu un subidón no corpo, pero que se esfumou coa rapidez coa que se esfuman os cartos e os soños adolescentes. Por suposto eran outros tempos. Non sei como actuaría hoxe de tocarme un coche nunha discoteca,claro que agora nas dicotecas non sortean coches, senón tetas.

Vas a unha discoteca e participas nun sorteo dunha operación de agrandamento de peito. E eu non podo deixar de imaxinar a aquela nena que eu fun, que se alegrou co seu puñado de billetes na man e que gastou en roupa e cervexas si me desen un vale por un par de tetas en Corporación Dermoestética. A dúbida que teño é si se ofrecen tetas porque é o que demanda a sociedade, ou ben se nos queren impoñer a demanda das tetas como prioridade .

Os adolescentes son fortes de caracter, pero os seus valores e principios ainda non están solidificados, e son fácilmente mudables e manipulables. Responden con facilidade a estímulos externos, e rara vez teñen conflictos morais nos seus comportamentos. A adolescencia é a carne de cañón da sociedade de consumo, que pretende vender como único prototipo aceptable o de mulleres obxecto, físicamente perfectas, delgadas e atractivas. Sin un bó par de tetas non eres ninguén. Con tetas gustarás aos homes, con tetas conseguirás un bó traballo, de modelo ou de dependienta nunha cadea de textil de prestixo internacional. A intelixencia, a valía persoal, a naturalidade, a feminidade en estado puro , sin maquillaxe nin roupa de marca non vende no mundo no que vivimos. Ou tes un par de tetas ou te quedas fóra do sistema. O mundo sigue a ser dos homes - cada vez máis exclavizados tamén polo materialismo e a sociedade das apariencias, frívola e superficial- aos que se lles presupón a súa intelixencia e a súa capacidade para levar a cabo empresas importantes, sin que teñan que demostrar constantemente as súas habilidades. As mulleres, pola contra, todavía son vistas como adornos, que teñen que brillar polo aspecto físico, impecable sempre, e demostrar ademais día tras día que son algo máis ca puros obxectos de desexo construídos para o pracer dos homes. Aos homes presúmeselles intelixencia pero as mulleres deben demostrar cada día que son capaces de levar a cabo tarefas intelectuais, e todo sin descuidar o seu aspecto. Vamos que teriamos que estarlle agradecidas tódalas mulleres a esa discoteca valenciana que sortea unha operación de peito entre as clientas, para que polo menos unha delas cumpla o soño de verse como as modelos e concursantes de Granhermano que a base de fotoshop saen desnudas sin imperfeccións nas paxinas das revistas. Xa o di a serie de moda " sin tetas non hai paraíso"

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Estoy indignada con el sorteo que se gastan en esa discoteca Valenciana. Algo preocupante, eso es lo que somos? así es nuestra sociedad? como está el patio, colega...