12 noviembre, 2008

Alter ego

As veces é preciso desdoblarse noutra voz para contemplarse unha a si mesma con certa perspectiva. Outra voz é precisa para descubrirnos tal e como somos, para falarnos de tú a tú, e atopar de cara a realidade, unha realidade por fin nítida e medianamente soportable. Cando son outra voz son o que ansío ser, e tamén o que son, e o que deixei de ser, coa memoria toda que fun acumulando ao longo dos anos, co futuro na retina e o nerviosismo que ese futuro me provoca. Son eu, e ao mesmo tempo son tódalas mulleres que nunca chegarei a ser, as lúcidas e soñadoras, as emprendedoras e artistas, as fermosas encantadoras de serpes e as bruxas moldeadoras de perfección e abundancia.
Teño unha vida real, que non ten nada que ver conmigo, e ao mesmo tempo unha vida , ou moitas vidas, paralelas , que son nas que eu me desenvolvo , nas que medro ,nas que son feliz ou infeliz, nas que me namoro, nas que son nai, nas que viaxo a lugares lonxanos e coñezo bicos e miradas inesquecibles. E nese desdoblarme sinto tamén con claridade, e véxome ao outro lado do espello como quen ve un ser alleo, impenetrable, ilusorio.
Son unha voz, e moitas voces ao mesmo tempo, que din cousas e cousas, palabras tan só que no fondo non chegan a transmitir nada máis que certo grado de hipocresía. Depende da luz, do espacio que acolle a cadeira onde estou agora sentada, das gotas de choiva, dos sms que recibo sin agardalos, das esperanzas que morreron na almofada, das frores que se suicidaron na beira das estradas...

3 comentarios:

Raquel Gulías dijo...

Gracias a tu artículo, sé que no soy no soy la única que me siento "varias" al mismo tiempo, y que me veo tan conocida como extraña frente a la misma imagen. Gracias porque este relato es absolutamente perfecto. No me llegan las palabras...

Raquel Gulías dijo...

He puesto una párrafo tuyo en el encabezado de mi blog, espero que no te moleste. No es por plagio, es ...lo contrario, algo que está ahí, para que lo lean todos...por bueno!

Reina de Palandria dijo...

un honor... para mi es un honor. Por supuesto que recibo ese gesto como un elogio. Muchas gracias.

Un besazo.