28 noviembre, 2008

Roubos

Si alguén se pregunta quen é a persoa que máis veces é victima de roubo nesta cidade, eu teño a resposta, son eu. Esta vez foi ao grande, o bolso con tódalas pertenzas. O que acontece é que os delincuentes desta cidade padecen certa estupidez (ao igual ca min, claro). Eu por caer unha tras outra no mesmo despiste, no mesmo segundo fatídico no que un caco de pouca monta aproveita para desposeerme de calquera das miñas bagatelas. E eles por rebaixarse a convertirse en ladronzuelos de pouca monta, que se conforman con roubarme a min, pobre incauta, que non teño donde caer morta. Vamos, que postos a roubar, coño, roubade con sentidiño, a alguén que leve cartos na carteira, ou algo de valor, polo menos.
Esta vez foi como vos dicía o bolso. Dentro levaba , de valor, uns doce miserables euros e o teléfono móbil que xentilmente me regalara Movistar fai un mes, para agradecerme un xeneroso consumo mensual pola miña parte. Como son entendida na materia, afortunadamente , despois da primeira e repentina llantina que me entra, con ataque de nervios incluido, reacciono rápido: Suspensión de contrato de teléfono e cancelación de tarxetas de crédito, denuncia a Comisaría , levando conmigo código PIM, PUN , Imei e todo o que faga falla.Vamos, toda unha experta.
O que máis fastidia dos roubos é que os desaprensivos e estúpidos ladróns levan consigo aquelas cousas insignificantes en valor material que sin embargo teñen para cada un de nós un valor sentimental que non pode tasarse. Ia nese bolso verde que me roubaron un pequeno peluche que durante uns doce anos veu coidando con agarimosa contundencia das miñas chaves. Era pequeno, de cor marrón claro, ainda que o tempo e a falta de lavados o facían parecer máis ben grisáceo. Con bigotes partidos, e aspecto envellecido. Chamábase Nulo, e tiña un tacto que eu palpaba dentro dos bolsos e petos dos abrigos antes de sair pola porta da casa, para comprobar tranquila que levaba conmigo as chaves. Tiña Nulo un mozo, burriño , de peluche coma el, que vive colgado no parabrisas dun coche. E agora, póñome triste pensando sobre todo no pequeo ratiño de peluche, que non voltará a ver ao burriño, que non voltará a perderse entre os meus bolsos, entre o desastre das miñas cousas todas tiradas pola casa...
Todo o demais, en fin, non ten demasiada importancia, pero son esas pequenas cousas, que forman parte da nosa historia, esas que levamos durante anos enriba sin reparar demasiado nelas , as que de pronto nos deixan orfos da súa presencia, tristes, nostálxicos...Qué importa o móbil que Movistar me "regalou" fai un mes, que importa o bolso en si, de cor verde que estreaba ese día, qué importa o DNI, as tarxetas do banco...

No hay comentarios: