Supoño que non falo de Obama porque no fondo son escéptica sobre o ansiado cambio que según todos traerá o seu mandato. O mundo enteiro está pendiente deste home, coas esperanzas postas nas súas próximas decisións, sin embargo eu dubido moito que aconteza aquelo que unha vez dixo un homiño do PP falando do que era presidente da Xunta " cando Fraga move un dedo move o Estado todo" , pois iso, que non creo que os movementos de Obama consigan mover o mundo enteiro no xeito que todos desexamos. Miro a Guantánamo e non me sobra a confianza. Unha cousa e prometer acabar con Guantánamo e outra ben distinta levar a cabo a promesa, que dende logo é unha empresa complexa que non se fará dun día para outro.
Os gobernantes europeos enchen a boca coa multilateralidade e en tódalas partes do mundo agarranse a razóns múltiples para ver en Obama a súa esperanza, o seu orixe étnico, a súa condición de demócrata...Pero a realidade é que este home non posúe unha vara máxica que faga desaparecer Guantánamo e remate coa vergoña estadounidense dun plumazo. Quizais tampouco ten fórmulas máxicas para levantar a economía mundial ou conseguir convertir EEUU na terra prometida, quizais é tan só un home que cunha campaña de marketing magnífica conseguiu os votos precisos para selo novo inquilino da Casa Blanca, e máis nada.
Escepticismo, é o meu sentimento cando miro ao outro lado do Atlántico, cando penso na hipocresía de Occidente, cando vexo aos líderes de todo o mundo buscando a foto co novo presidente electo como si con iso tivesemos un pasaxe á felicidade e ao benestar.
Entre tanto, agardo que o tempo de ou quite razóns, sin ser crédula nin soñadora. Quería que ganara Obama, pero agora que gañou, tan só agardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario