Hannah Jones desexa ir a disney world para esquecer os problemas. Deste xeito tan simple e contundente se expresou esta nena de trece anos que di que non quere ser sometida a un transplante porque os médicos dubidan de que sexa efectivo, e ainda así, saindo todo ben lle quedarían por diante máis operacións. Hannah está cansada de hospitais e decide plantarse, así de simple, decide morrer na súa casa, tranquilamente ,rodeada da súa familia.
Vaia por diante que eu son defensora ao cen por cen da eutanasia como modo de rematar co sufrimento innecesario, pero neste caso, non sei, hai algo que non me acaba de encaixar de todo.
Hannah ten trece anos e padece unha grave enfermedade, precisa un transplante, pero esta operación non garantiza que se cure. Hannah decide que non, que non quere operarse, que tan só quere descansar. Pero descansar de médicos, de hospitais , de operacións, no caso de Hannah implica morrer, así de sinxelo,a morte.Eso é o que non me cadra, que unha nena de trece anos se rinda, se resista a morrer sin loitar. Os nenos teñen un instinto de supervivencia que non se asemella en nada ao dos adultos, os nenos recoñecen o sufrimento, si, pero non ven a morte como unha consecuencia posible, non a consideran. Cando eu tiña doce anos estiven moi enferma, os médicos incluso chegaron a informar aos meus pais da porcentaxe de posibilidades de curación, que era moi baixa, pero eu sin embargo en ningún momento pensei que esa podía ser a consecuendia última da miña doenza. Sufrín dabondo, estiven na UCI e mesmo tiven moitos momentos de perda total de consciencia, pero cando saín da UCI, boteime como mozo ao meu compañeiro de habitación e lembro que era moi feliz. Estaba extremadamente delgada, moi débil e ía en cadeira de rodas porque non me tiña en pé. Hugo, así se chamaba o neno, empuxaba a cadeira e dábamos paseos polas distintas plantas do hospital. Non lembro daqueles días a dor que debía sentir, o cansada que estaba de que me clavaran agullas constantemente, da ferida que me fixeron no pulmón para facerme unha drenaxe, da dificultade para respirar...Lembro daqueles días o soriso amplo de Hugo, e o feliz que era naquel cuarto de hospital, xogando coas máquinas de marcianitos competicións eternas, batendo records , falando horas e horas pola noite, ata que as enfermeras viñan a chamarnos a atención...Nunca pensei na posibilidade da morte, acechando. Si nalgún momento me tivesen plantexado unha operación máis que me permitise continuar avanzando, ainda sin moita seguridade no futuro, non dubidaría nin un só segundo, a pesar do sufrimento e do cansancio. Os nenos agarranse á vida con uñas e dentes dun xeito natural, é a ventaxa que teñen sobre os adultos. Hoxe eu non soportaría todo o que sufrín sendo nena, quizais me rendise...pero de nena , incluso estando na UCI só pensaba en cousas normais, de nenos: conseguir acabar un crucigrama, que me trouxeran un libro, que me estaba perdendo "Norte e Sur"...Por iso todo esto de Hannah non me cadra, ela ten trece anos, un máis ca min entón, e non logro entender cómo é capaz de non encararse ao seu destino doutro xeito. Si fose adulta comprendería moi ben a súa decisión, pero sendo ainda unha nena...Iso é o que non comprendo.Quizais eu tiven moita sorte, ou era moi inxenua,non sei. En todo caso , non son eu quen de xuzgala, ainda que esta vez si que esté convencida de que aos trece anos merece a pena loitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario