Evoco outro tempo...
outra sol de novembro
que gardaba outras
esperanzas, éramos distintos.
Ainda hai infancia
nos ollos adormilados,
nos pés fríos cando
se pousan no chan
cada mañá...
Caen as follas,
imos recoller castañas,
o aire frío pétanos na cara...
Todo parece igual,
tan só nós somos distintos.
Morremos no paso do tempo,
nos días iguais que
nos conducen á oficina,
ao supermercado, á tenda de
teléfonos mobiles...
Todo parece ás veces
irreal, absurdo, incompleto.
Nas cinzas do que fumos
atopamos un soriso
de neno casi feliz
que sobreviviu á terrible
historia do mundo.
Miles de novembros
curtíndonos a pel e a alma
para chegar ata aquí,
insensibles e nostálxicos,
conservando o pouco que
queda de todo aquelo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario