Interpretouse onte en Pontevedra a obra Sonata de Otoño, a versión teatral da película de Ingmar Bergman que dirixe José Carlos Plaza. A actriz Marisa Paredes figura como cabeceira de cartel desta obra na que actúan veteranos intérpretes como Nuria Gallardo, Pilar Gil e Chema Muñoz. Pode parecer suficiente para conseguir unha obra maestra contar con bos actores de renome e un bó texto con carga dramática dabondo para emocionar aos espectadores e mesmo arrancarlle algunha que outra bágoa, pero dende o meu punto de vista, de humilde observadora dende unha butaca, tan só podo dicir que non é suficiente, ou que polo menos onte non foi suficiente para min.
Non dubido da forza do texto ,do amplo calado da historia, desgarradora , ás veces cruel e que pretende afondar nas conciencias e removernos por dentro. Non dubido da intelixencia das palabras, da súa forza e carga emotiva. Tampouco poño en dúbida a elección dos actores , o xogo coa luz e coas sombras, nin siquiera o escenario orfo de obxectos , deixando protagonismo absoluto ás voces das personaxes que pretenden mostrar os sentimentos a flor de pel. O que cuestiono é a interpretación que é levada a cabo polos protagonistas da obra.
A peza comeza lenta, cun ritmo monótono que chega a ser tedioso e non consegue crear un ambiente cómodo para o espectador , que se perde na presentación das personaxes , no encuadre espacial e temporarl que nos primeiros minutos se pretende facer . E cando chega ao meollo da cuestión, ao drama que se xenera ao remover a historia de nai e filla, os odios do pasado, as feridas, os erros cometidos e as xustificacións que cada unha aducen nun intento de egoista salvación, o espectador está fóra da escea, fóra dese lugar onde as personaxes se encontran e se poñen un espello para redescubrirse e afrontarse. O texo engancharía entón , o drama podería chegar a conmover, pero o tempo fíxose longo ata chegar a ese momento no que Nuria Gallardo muda o tono da súa voz e parece querer ser xa a personaxe, e non unha simple actriz no escenario recitando un texto.
Marisa Paredes resulta menos crible, diva e algo esperpéntica , parece interpretar a caricatura de Charlotte, pero non a Charlotte. Arrastra a voz, parece que con certa pereza, coma si o drama lle importase un pito, como si o escenario lle sobrase e tivese nese momento mil cousas mellores que facer. E entón o que o espectador ve é unha gran actriz cómica facendo un drama.
Pilar Gil interpreta a unha enferma postrada nunha silla de rodas, que fala de xeito incomprensible e que se convulsiona con certa credibilidade, pero vela de pe entre bastidores, asomando a cabeza xunto cos técnicos , fai que saiamos da historia e tomemos a risa o dramatismo da escea.
En definitiva, a obra faise longa e monótona ao principio, e a carga dramatica que os actores conseguen a medias no epicentro da obra queda eclipasada polo sopor no que os espectadores nos vemos inmersos para entón. O dramatismo supéranos, cóllenos de sorpresa, e a pesar dos esforzos por recuperar o fío da historia e meterse nela de cheo non conseguimos adentrarnos nese espacio íntimo no que se moven nai e fillas sin estar pendientes do reloxo . Non se creou a maxia precisa para evadirnos do mundo e tan só sentir o que Charlotte e Eva sinten. Non sentimos a súa dor nin as súas bágoas. Era unha obra de teatro, remata e saimos á rúa como si nada. O corazón non se nos encolleu nin temos a sensación de que a nosa propia existencia quedou suspendida. Pasou. As veces no teatro suecede a vida, pero onte tan só había actores, e texto ,e focos , e espectadores , e butacas, e aplausos baleiros de emocións contidas.
1 comentario:
Estoy totalmente de acuerdo contigo.Siempre esperas de lo que se conocen como grandes actores , grandes compañías y grandes profesionales un trabajo cuidado ,aunque sea simplemente para mantener su buena reputación. En este caso dejan mucho que desear.A mi tampoco me gustó Nuria Gallardo,que aunque tiene una potente voz,desde el principio la utilizó de forma forzada y desgarrada ,daba igual que dijese "te quiero" como "te odio", su tono era el mismo.
Pensabas que en la próxima función acabaría totalmente afónica.
Marisa Paredes fue la que mas me decepcionó.Una actriz de renombre como ella,y no conseguía comunicar nada.Estaba dispersa en el escenario y hacía movimientos incoherentes.
Y sí,el técnico también fue protagonista,entre bambalinas y
cuando salió al escenario (a media luz)con sus cascos y artilugios de sonido para entregarle en mano a Marisa Paredes un retrato.No recuerdo para que era ni que hizo Paredes con él porque la intervención del técnico me dejó descolocada.
Y la paralítica...se dejó ver entre bambalinas,sí,pero también después de una escena en la que termina tirada en el suelo.Se bajan las luces , la chica se levanta y sale rapidamente arrastrando su silla del escenario.
Bueno,una experiencia.
Publicar un comentario