Lentitude do tempo sobre as cousas. Chove. Esa mesma choiva de tantos días repetidos. Ti estás mudo no meu móbil, e mandas un email insustancial, bótames flores, como si con iso puideses compensar tanta ausencia, tanto desinterés. Eu sempre prometo vinganza coas miñas palabras, incluso con aquelas que non che chego a dicir. E busco outros soños que non se cumplirán nunca, pero que axudan un pouco a arrastar o día.
A ansiedade é un verme amarelo que corre polas venas coma unha serpe venenosa, que mata lentamente, que non che deixa ser libre, nin feliz. A búsqueda é incesante, pero non conduce a ningunha conclusión aceptable. "Partir bares", como din en Portugal, e a única maneira de sentir que se pode respirar dun xeito distinto, e ao final é outra trampa máis, na que caemos os solitarios. O verme tenme tomada a medida, apreta pero non afoga, de momento. E eu sigo buscando, entre libros, entre post, entre fiestras pechadas que agachan inmundicia e verdade , a partes iguais. Si rascas a superficie atopas o podre das cousas, a merda que rebosa nas conciencias dos que son tan puros, tan nobres, tan rectos, tan humanos...O amor é un precipicio, pero xa me gustaría a min poder aferrarme a ese precipicio, colocar a miña existencia no borde, e apostar todo a unha soa carta. As cartas están marcadas de antemán, din algúns. Quizais eu tamén o creo así, e entón a miña desolación faise espesa e amarga, eterna. Non sei ler o meu futuro nos ollos de ninguén, menos ainda nos ollos dos homes aos que podería amar. Amar eternamente...
***
Amar eternamente como aman os que non saben nada do mundo como aman os que están de volta da vida e nese amor encontrar un sentido distinto algo de humanidade non creo que sexa tan dificil amar só é preciso poder sentir admiración sinceira e un pouco de vontade deixarse querer sorir e tender a man cando precisen de nos
nunca amei a quen non consigo admirar da igual un xesto unha maneira concreta de enfrentarse ao mundo unha prosa exquisita a verdade absoluta contada como si se tratase dunha novela a tenrura ao acabar o día e ese xeito tranquilo de facerse vello contemplando a natureza con paixón renovada
amar é tantas cousas amor meu que non sei como podo contarche todo o que sinto e ao tempo explicarche por qué me encontro tan soa a vida non ten explicación para todo eu tampouco me aclaro nin cando escribo nin cando penso en ti que podes ser calquera que tes moitos rostros moitas profesións distintas moitos bicos que non me das gardados nun caixón nun sobre que leva o meu nome
O amor non se parece a nada nin a ti nin a min follando como bestas porque así é un xuntarse de corpos famentos de carne e de afecto hoxe síntome algo así como desesperada por non atoparte por non morrer de gozo entre as túas pernas por non pasear polo centro da cidade collida da túa man sempre caendo nos tópicos quizais non existe nada máis quizais é iso a felicidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario