Estou influenciada, mal influenciada, polo que vou lendo dun blog a outro. Non dedico demasiado tempo a internet, pero o tempo que lle dedico é incluso demasiado para a miña estabilidade emocional. Perigra. Sí, a miña estabilidade emocional atópase en perigo. Estou en crisis. Existencial. Intento salvarme a través da literatura, pero a literatura, lonxe de salvarme , arrastrame máis ao fondo do precipicio. Hoxe son unha exceptica que non se fía nin da súa sombra. Hoxe non creo no amor, nin na posibilidade de sobrevivir a este preciso instante no que me atopo. O suicidio sería unha boa opción, a única que se me ocurre, e ler a Boris Vian non está mellorando moito as cousas. Entón surxe unha voz cómplice para dicirme que hoxe é venres, cun amplo soriso, como si que hoxe fose venres fose causa dabondo para estar feliz. ¿Qué teñen os venres? A min planteanme sempre as mesmas dúbidas trascendentais : durmir siesta ou non, sair a emborracharme ou non, marchar ao meu pobo ou non...
No hay comentarios:
Publicar un comentario